Renault 5
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Renault 5 é un automóvil compacto que se comezou a comercializar entre 1972 e 1996. Fabricado en España na factoría que Renault ten na provincia de Valladolid, o modelo tivo un gran éxito no mercado español así como en moitos outros países.
[editar] Fase 1: 1972 - 1985
Foi a primeira incursión de Renault no mercado dos utilitarios pequenos, cun vehículo de tres portas sinxelo e de líña elegante.
Montaba motores de entre 850 e 1400 cc., cunha mecánica simple compartida con outros modelos da marca. A suspensión era por barras de torsión.
No 1977 lanzóse a versión GTL, máis equipada e en 1979 a carrocería de 5 portas. No 1981 sufreu un restyling interior mellorando o entorno notablemente.
Tamén existieron varias versións deportivas denominadas Alpine (1981), externamente moi similares ós modelos inferiores e con 93 cv.; Copa, homólogos dos Alpine para o mercado español; e as versións Turbo 1 (1980) e Turbo 2 (1982), modelos especiais orientados á competición de producción moi limitada, co motor en posición central, e a carrocería notablemente ensanchada e alixeirada.
[editar] Fase 2: 1985 - 1996
A Fase 2, denominada comercialmente como Supercinco, apareceu en 1985 cunha carrocería totalmente nova, aínda que conservando as liñas mestras do Renault 5 orixinal, novas motorizaciones e suspensións MacPherson.
Posteriormente apareceu a versión deportiva GT Turbo con 115 cv. na súa fase inicial e 120 cv. posteriormente.
Foi sustituido polo Renault Clio.
Información sobre O Renault 5: