Revolución Gloriosa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Revolución Gloriosa foi o destronamento de Xacobe II de Inglaterra en 1688 polos parlamentarios que ofreceron o trono ao stadhouder dos Países Baixos Guillerme de Orange e a súa muller María II de Inglaterra, significou o comenzo da democracia parlamentaria inglesa moderna.
A Guerra Civil inglesa trouxera un sistema de poder persoal e absoluto na persoa de Oliver Cromwell, á súa morte para evitar unha nova guerra civil a alta burguesía e a nobreza chegaron a un acordo para restaurar a monarquía na persoa de Carlos II de Inglaterra, a cambio o rei aceptaba que correspondía ao Parlamento a elaboración das leis e fixar os impostos e a nobreza aceptaba a supresión dos seus monopolios e privilexios.
Á morte de Carlos subiu ao trono Xacobe, católico e de mentalidade absolutista, chegando a unha situación extremadamente delicada entre o Parlamento e o novo monarca, o cal non contaba co apoio da nobreza, anglicana e disgustada pola política real de desprazar aos protestantes do exército e a corte. Seguindo as teorías de [John Locke] de que todo gobernante quedaba sometido á decisión da maioría dos cidadáns uniuse a burguesía e a nobreza e ofrecéronlle a coroa a Guillerme de Orange coa condición que mantivese o protestantismo e deixase gobernar o Parlamento. O 5 de novembro Guillerme desembarcaba en Inglaterra, Xacobe abandonado de case todos viuse obrigado a deixar o trono e daba comezo un novo réxime no cal o poder residía no Parlamento, ditaba as leis, recadaba os impostos, elixía na práctica ao primeiro ministro mentre o rei reinaba pero non gobernaba. Non era unha democracia xa que só a nobreza e a alta burguesía tiña dereito ao voto pero Inglaterra converteuse no século XVIII nun facho de liberdade que atraía as miradas dos burgueses de toda Europa.