Salmonella
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Salmonella sp. | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||||
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Salmonella | ||||||||||||
![]() |
Salmonella é un xénero bacteriano formado por bacilos Gram negativos, anaerobios facultativos, con flaxelos perítricos que rodean ó microorganismo e non desenvolve cápsula nin espora. Son bacterias móviles que producen sulfídrico de hidróxeno. Non fermentan glucosa nin lactosa.
É un axente zoonótico de distribución universal. Transmítese por contacto directo ou contaminación cruzada durante a manipulación, no procesado de alimentos ou no fogar, tamén por vía sexual.
[editar] Microbioloxía
Son bacterias Gram negativas. Crece con facilidade no sangue formando colonias de 2 a 3 milímetros. En laboratorios de microbioloxía clínica aíllase con medios selectivos, Selenito, Hektoen, SS ou XLD para inhibir o crecemento doutras bacterias patóxenas e da flora intestinal saprófita.
A taxonomía de Salmonella é complicada. Actualmente hay dous especies dentro do xénero: Salmonella bongori (previamente subespecie V) e S. enterica, que se divide á súa vez en seis subespecies.
· I enterica
· II salamae
· IIIa arizonae
· IIIb diarizonae
· IV houtenae
· ( V S. bongori, xa incluída nunha especie distinta)
. VI indica
Cada subespecie á súa vez, está conformada por diversos serotipos, e ata a actualidade foron identificados máis de 2500.
[editar] Infección
Produce gastroenterite cun período de incubación de entre 5 horas e 5 días, diarrea e dor abdominal.A través das expulsións fecais do enfermo elimínase unha grande parte desta bacteria e febre entérica cun período de incubación de 7 a 28 días, causante da dor de cabeza, febre, dor abdominal e diarrea, erupción máculo-papulosa en peito e lombo, os enfermos presentan un período de convalecencia entre 1 e 8 semanas, as persoas curadas eliminan Salmonella durante máis dun ano. Tamén pode ocacionar febres estéricas ou infeccion intestinal por intoxicación con algúns alimentos.