San Pedro e Miguelón - Saint Pierre et Miquelon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Pedro e Miguelón (en francés Saint Pierre et Miquelon), é unha colectividade territorial francesa situada en América do norte, ó suroeste de Terranova. Está formada por dúas illas, San Pedro (Saint Pierre) e Miguelón (Miquelon).
[editar] Medidas
- Área: 242 qm 2
- Poboación: 6.519 hab. (1999)
- Capital: San Pedro (ville de Saint Pierre), 5.808 hab.
- Moeda: Euro
- Idioma: francés
- Relixión: Católicos (98%), protestantes (1%), bahaístas (1%).
[editar] Economía
Os habitantes adican o pouco terreo fértil á gandería e pequenos cultivos. O turismo é a meirande fonte de ingresos.
[editar] Política
Sistema executivo: O xefe de goberno (Prefecto) é nomeado pola Asamblea francesa, existe un Consello Xeral.
Sistema lexislativo: Consello Xeral formado por quince membros de San Pedro e catro de Miguelón. Mandan un representante á Asamblea e outro ó Senado francés.
Sistema xudicial: Tribunal Superior de Apelación, Xulgado de Primeira Instancia e Secretaría de Audiencia Divisional.
Países do mundo | América do norte |
Canadá - Estados Unidos de América - México |
Países con parte do seu territorio en América do norte Dinamarca (Grenlandia) | Francia (San Pedro e Miquelón) | Reino Unido (Bermuda) |