Tarxeta de proximidade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha tarxeta de proximidade é un pequeno dispositivo que inclúe un circuito integrado, que pode ser lido de forma remota sen necesidade de contacto físico. Co termo tarxeta de proximidade podemos referirnos aos vellos dispositivos de 125 KHz ou ás novas tarxetas intelixentes por RFID, de 13.56 MHz.
As tarxetas de proximidade teñen unha distancia de lectura de ata 5 centimetros, na maioría dos casos, permitindo ao usuario pasar a tarxeta diante do lector sin sacala da carteira, por exemplo. O prezo deste tipo de tarxetas é bastante baixo, entre un e dous euros (datos de 2007).
Índice |
[editar] Estándares
O estándar que define as características que deben ter as tarxetas de proximidade é o ISO 14443, do ano 2001. Define dous tipos de tarxetas sen contacto ("A" e "B"), permitidos para distancias de comunicación de ata 10 cm. Houbo varias propostas para a ISO 14443 tipos C, D, E e F que aínda teñen que remata-lo proceso de estandarización. Un estándar alternativo de tarxetas intelixentes sen contacto é o ISO 15693, que permite a comunicación a distancias de ata 150 cm. A este segundo tipo de tarxetas, que permiten distancias de lectura moito maiores que as das tarxetas de proximidade, acostuman a recibir o nome de tarxetas de cercanía.
[editar] Comunicación co lector
O chip comunícase co letor de tarxetas mediante inducción a unha taxa de transferencia de 106 a 848 Qb/s. As tarxetas de proximidade empregan un circuito LC. Un inductor, un condensador, e unha bobina están conectados en serie. O lector de tarxetas presenta un campo que excita a bobina e carga o condensador, que transmite a enerxía ó inductor. Os lectores de tarxetas comunícanse coa tarxeta usando o protocolo Wiegand.
As primeiras tarxetas podían almacenar 26 bits de información. Segundo foi medrando a demanda, foi crecendo a capacidade de almacenar información, para poder ter un maior número de tarxetas distintas.
[editar] Aplicacións
As tarxetas de proximidade poden almacenar unha pequena cantidade de información, que normalmente é empregada para almacenar unha clave que identifique ao seu propietario. Así, cada vez que o usuario pasase a tarxeta diante do lector, o sistema podería identificalo, sendo usado en sistemas de control horario e sistemas de autorización de accesos.
Tamén se está a usar para realizar pequenos pagos, como no transporte público. A seguinte táboa mostra distintos exemplos de tarxetas intelixentes usadas no transporte público.
Lugar | Tarxeta | Proveedor | Introducción |
---|---|---|---|
Hong Kong | Octopus | ||
Malasia | Touch 'n Go | Teras Technologi Sdn Bhd | 1997 |
Washington, D.C. | SmarTrip | Cubic Transportation Systems | 1999 |
Taipei | EasyCard | Taipei Smart Card Corporation | marzo de 2000 |
Nottingham | EasyRider | Nottingham City Transport | septembro de 2000 |
Singapur | EZ-Link | 2001 | |
París | Navigo card | outubro de 2001 | |
Tokio | Tarjeta Suica | JR East | novembro de 2001 |
Santiago de Chile | Multivía | Metro de Santiago | 2003 |
Chicago | Chicago Card | Chicago Transit Authority | 2002 |
Nagasaki | Nagasaki Smart Card | xaneiro de 2002 | |
Londres | Oyster card | Transport for London | xaneiro de 2004 |
Dublin | Luas | ITS | marzo de 2005 |
Minneapolis | Go-To card | Metro Transit (Minnesota) | |
Perth | SmartRider | Transperth y Wayfarer | xaneiro de 2006 |
Boston | Charlie Card | Massachusetts Bay Transportation Authority | 2006 |
Melbourne | 2007 | ||
Toronto | GTA Farecard | GO Transit | 2007 |
Guernsey | Multi Journey "Wave & Save" | Island Coachways | |
São Paulo | Bilhete Unico | Prefeitura de São Paulo | 2004 |
San Francisco | TransLink | Metropolitan Transportation Commission | en probas dende 2002 |