Toxo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Toxo | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Ulex europaeus | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O toxo é un arbusto espiñento da clase das dicotiledóneas (nome científico: Ulex europaeus) e da familia das leguminosas, de flores amarelas moi rechamantes (chamadas chorima ou xorima) e que mide entre 0,5 ata 3 metros segundo a variedade. Os agromos son verdes e as follas son espiñas de entre 1 e 3 cm. Cando a pranta é ainda nova, as follas son normais, trifoliadas.
As flores miden entre 1 e 2 cm, tense a crenza de que o toxo está todo o ano en flor mais non é certo, na Galiza existen 3 clases de toxos, o toxo gateño (ulex nanis) é o máis pequeno de todos, non pasa dos 80cm de altura e frorece a finais do outono. Toxo femia (ulex galli) chega ao metro de altura e bota flores a mediados do verán e por último o toxo arnal (ulex europeaus) que é o máis grande de todos chegando aos 3m, frorece na primaveira e comezos de vrao. O fruto é unha vaina de dous centímetros de cor cinza escuro rodeada dos restos marrón claros da flora. Esta vaina contén dúas ou tres sementes negras que se liberan cando a vaina estala en momentos de calor.
Arde moi doadamente, pero medra moi pronto após un incendio, polo que son das primeiras plantas en ocupar un terreo que ardeu. As sementes poden xerminar mesmo se vironse algo afectadas polo lume.
O seu uso tradicional é como estrume para as cortes, aínda que a finais do século XX coñeceuse unha proposta por parte dunha empresa xaponesa para aproveitar os restos da roza para a súa utilización coma biomasa.
O toxo atópase no occidente europeo, desde Escocia a Portugal e ao leste até Bélxica. É a "flor nacional" da Bretaña francesa e de Galiza. Noutras partes nas que se introduciu, como Nova Zelanda, Australia, o oeste dos Estados Unidos e Chile, é unha praga.