Troia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Troia (en grego Τροία ou Τροίας; tamén chamada Ilión, en grego Ίλιον ou Ίλιος e Wilusha en hitita) é unha cidade tanto histórica como lendaria, onde se desenvolveu a Guerra de Troia, descrita na Ilíada, un poema épico da Antiga Grecia. A autoría do dito poema atribúese ao poeta Homero, quen o compuxo ao redor do século IX ou VIII a.C., aínda que contén material máis antigo. Homero tamén fai referencia a Troia na Odisea. A lenda homérica de Troia foi continuada polo poeta romano Virxilio na Eneida.
A Troia histórica estaba situada no estreito dos Dardánelos (Helesponto), entre os ríos Escamandro (ou Xanto) e Simois, e ocupaba unha posición estratéxica no acceso ao Mar Negro (Ponto Euxino).
[editar] Historia
Troia (Ílion), cidade que, de acordo coa lenda grega, na narrativa de Homero na Ilíada, foi capturada polos gregos que tiñan por rei e xefe a Agamenón, despois dun sitio de dez anos. A Troia histórica foi descoberta por Heinrich Schliemann (1822-1890), em Hissarlik, no noroeste da Asia Menor, poucas millas no interiro do continente, a partir do mar Exeo. Schliemann era un comerciante alemán rico que dedicou os últimos 20 anos de vida á busca da cidade lendaria. As escavacións que dirixiu el entre 1870 e 1890, e por outros, posteriormente, revelaron nove períodos de ocupación. Os primeiros cinco pertencem á Idade de Bronce, entre 3000 e 2000 a.C. Troia II, em particular, foi unha comunidade que floreceu, con magníficas fortificacións e construcións domésticas, mais acabou sendo destruída por un grande incendio. Troia VI foi palco do influxo de novos colonizadores, que trouxeron cabalos, porén un terremoto arrasou a cidade, por volta do ano 1700 a.C.
Seguiu Troia VII, que se identifica coa Troia de Homero, e que enfrontou a esta cidade coa grega de Micenas, por volta do ano 1000 a.C. Tivo unha fase curta, pois a cidade logo foi destruída por un incendio. As indicacións son de que ese non foi un desastre acidental e de que estaba vinculado á captura da cidade por inimigos. Permaneceu desocupada probabelmente durante 400 anos, até o surximento de Troia VIII. Troia IX foi estabelecida no período romano.
[editar] Cine
A historia da guerra de Troia foi levada ao cine en varias ocasións.
[editar] Véxase tamén
- Poema de Troia
- Guerra de Troia
- Cabalo de Troia
- Rima de Troia
|