Usbequistán - O‘zbekiston
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Lema: - | |||||
Lingua oficial | Usbeco | ||||
Capital | Tashkent | ||||
Presidente | Islam Karimov | ||||
Primeiro-ministro | Shavkat Mirziyayev | ||||
Área - Total - % auga |
55º maior 447,400 km² 4.9% |
||||
Poboación
|
41º mais populoso
|
||||
Independencia
|
da Unión Soviética
|
||||
Moeda | Son usbeco (UKS) | ||||
Fuso horario | UTC +5 | ||||
Hino nacional | - | ||||
TLD (Internet) | .UZ | ||||
Código telefónico | 998 |
Usbequistán (ou Uzbequistán) é unha república ex-soviética de Asia Central, limitada a norte polo Casaquistán, a leste polo Quirguicistán e polo Taxiquistán, a sur polo Afganistán e a sur e a oeste polo Turkmenistán. Alén do territorio principal, inclui tamén os enclaves de Sokh e de Iordan, no Quirguicistán. Capital: Taxkent
Índice |
[editar] Historia
Durante séculos, o actual territorio do Usbequistán estivo integrado intermitentemente no Imperio Persa. Antes da chegada gradual de invasores turcos, a área estivo poboada por elementos escitas e xentes de fala persa e de estirpe iraní, que aínda comprenden unha gran minoría no Usbequistán e son chamados hoxe en día taxicos. Desde a Idade Moderna, os emiratos en que se dividía o país (Buxara, Samarcanda e outros) foron estados tapón entre as aspiracións persas e chinesas, e posteriormente rusas.
No século XIX, o Imperio Ruso comezou a se expandir por Asia Central. O período do "Gran Xogo" é xeralmente considerado como continuo aproximadamente desde 1813 ata a convención Anglo-Rusa de 1907. Seguida da revolución bolchevique de 1917, seguiu unha segunda fase menos intensiva.
A comezos do século XX, Asia Central estaba firmemente nas mans de Rusia e a pesar dalgunha resistenza aos bolcheviques, Usbequistán e o resto de Asia Central fixéronse parte da Unión Sovética.
O 1 de setembro de 1991, Usbequistán declarou a independencia de mala gaña. Mentres as repúblicas bálticas levaban a loita pola independencia, os estados da Asia Central tiñan medo dela. "As forzas centrífugas que romperon a Unión foron as máis febles en Asia Central. Despois do intento de golpe de estado de agosto de 1991, todos os líderes de Asia Central creron que a Unión podería ser preservada dalgún xeito," escribiu Michael McFaul en Russia's Unfinished Revolution.
[editar] Política e Goberno
Constitucionalmente, o Goberno de Usbequistán establece a separación de poderes, a liberdade de expresión e a democracia representativa. En realidade, o executivo detén case todo o poder. O poder xudicial non salienta pola súa independencia e o parlamento, que se reúne soamente uns pocos días ao ano, ten pouco poder para dar forma ás leis.
O presidente escolle aos gobernadores provinciais.
No marco do referendo de decembro de 1995, o primeiro mandato de Karimov foi prorrogado. Outro referendo nacional tivo lugar o 27 de xaneiro de 2002 para, de novo, prorrogar o seu mandato. O referendo aprobouse e o mandato de Karimov foi estendido por unha lei do Parlamento ata decembro de 2007.
A maioría de observadores internacionais declinaron participar no proceso e non recoñeceron os resultados rexeitándoos por non reunir os estándares básicos.
O referendo de 2002 tamén incluía un plano para crear un Parlamento bicameral. O edificio que debe abrigar tal parlamento está actualmente en construción. As eleccións para o novo Parlamento bicameral tiveron lugar o 26 de decembro mais ningún candidato ou partido opositor verdaderamente independente tivo a oportunidade de participar. A misión de observación limitada da OSCE concluíu que as eleccións apenas atinxiron os estándares internacionais para unhas eleccións democráticas.
Formáronse varios partidos políticos coa aprobación do Goberno mais non mostraron aínda interese por defender alternativas á política do goberno. Similarmente, aínda que se estableceron múltiples medios de comunicación (radio, TV, prensa), estes tamén se atopan baixo o control do goberno e raramente tratan temas políticos.
Permíteselle aos partidos políticos a súa creación, o reclutamento, e a posibilidade de celebrar convencións e conferencias de prensa, mais denegóuselles a súa posibilidade de rexistro baixo uns procedimentos de rexistro restritivos.
O 28 de marzo e o 1 de abril de 2004 perpetráronse sendos atentados terroristas en Tashkent e Bukhara. Aínda non se esclareceu quen cometeu os ataques. A reacción do goberno aos ataques, ata o momento, refreouse.
[editar] Subdivisións
O país dividídese en:
- Toshkent Shahar
- Andijon (provincia)
- Buxoro (provincia)
- Farg‘ona (provincia)
- Jizzax (provincia)
- Namangan (provincia)
- Navoiy (provincia)
- Qashqadaryo (provincia)
- Samarqand (provincia)
- Sirdaryo (provincia)
- Surxondaryo (provincia)
- Toshkent (provincia)
- Xorazm (provincia)
- Qoraqalpog‘iston (república autonoma)
[editar] Xeografia
- Localización: Centro-Oeste da Ásia.
- Área total: 447.400 km² (Terra: 425.400 km²; Auga: 22 mil km²)
- Alcance ao mar: O país é cercado pola terra, tendo unha extensón de 420 km no mar de Aral.
- Viciños: Afganistán, Casaquistán, Quirguicistán, Taxiquistán e Turkmenistán
- Coordenadas: 41 00 N, 64 00 E
- Extensión total da fronteira: 6.221 km
- Extensión de fronteira cos países viciños: Afganistán (137 km), Casaquistán (2.203 km), Quirguicistán (1.099 km), Taxiquistán (1.161 km) e Turcomenistán (1.621 km)
- Terreo: A maior parte do territorio de Usbequistán é formado por chairas (preto de catro quintos do territorio). Un dos principais é a chaira Turanian. Ao leste e nordeste están os ramificacións situadas no Tien-tien-Shan. O Pamir é o ponto mais elevado do país, con 4.643m. Tamén hai un dos maiores desertos do mundo, Kizilkums, situado na parte central do Usbequistán.
- Recursos mineirais: O país posue gas natural, carbón de pedra, ouro, cobre, tungsteno, e bismuto. Hai pozos de petróleo abertos.
- Clima: O clima do país é na maior parte atitude média deserto-continental. A diferenza das temperaturas, conforme as épocas do ano, é significativa. A temperatura média en xaneiro é abaixo de -6Cº. A média de acensións de temperatura é maior de 32Cº en xullo. A cantidade de chuva é pequena, facendo que a agricultura dependa na maior parte de irrigación.
- Ríos internos: A maioría deles secan, somente o Amu-Darya e mailoSir-Darya van dar ao Mar de Aral.
[editar] Economia
O Usbequistán era unha das zonas mais pobres da antiga Unión Soviética con mais do 60% da sua poboación a vivir en comunidades rurais densamente poboadas. O Usbequistán é actualmente o 3º maior exportator de algodón, un grande productor de ouro e gas natural, e a nivel rexional un importante produtor de produtos químicos e maquinaria.
[editar] Demografia
[editar] Ligazóns externas
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |
Categorías: Países | Asia | Usbequistán