Wikipedia:Votacións para borrar/Bernardo Penabade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A análise da proposta de eliminación xa foi pechada. Por favor non faga edicións neste arquivo.
[editar] Bernardo Penabade
Feito unhos texteos sobre da biografía deste persoaxe, achome cos seguintes puntos:
1º) Biografia non actualizada, carece de datos ate tan siquiera ano 2005. Poden figurar na páxina de orixe. En páxinas alternativa veñe aparecendo outros datos (do suposto autor) que non se citan no artigo da galipedia.
2º) A foto promociona o sitio (igual que algunha ligazons do artigo). No apartado da foto di que o © expirou, polo que é de supoñer que tén máis de 70 anos de antiguidade. (unha tomadura de pelo polo que viola a normas de lei fotografía da wiki e as dos estado español en xeral).
3º) Sen consultar a paxina de orixe, senón algunhas das pacinas alternativas, podemos achar a seguinte descripción (cito textualmente) "NOTA IMPORTANTE: Los datos y las fotografías de las personalidades actuales que figuran en este portal, han sido cedidos a Galicia Digital por los interesados, al único efecto de su difusión en Internet por este medio.". Vendo esto, está claro que persegue a vanagloria persoal por promorcionarse a través da rede, polo que incumple outra das normas da galipedia.
4º) O artigo primario procede dun usuario que non voltou a realizar nengunha aportación a galipedia, sendo precedido por 3 usuarios máis e unhas ip's descoñecidas. Pola contra o derradeiro usuario inxeriu a foto que na actualidade estase a ver no artigo.
Votacions para borrar:
A favor:
- --Xelo2004
(Se non estás dacordo, dimo) 23:02, 22 outubro 2006 (UTC)
Concordo --Lmbuga Commons - Galipedia 06:25, 23 outubro 2006 (UTC)
Borrar --Prevert(talk) 18:16, 26 outubro 2006 (UTC)
- Tal como o vexo está proposta de borrado non trata exclusivamente da entrada, o que tamén se cuestiona aquí é se a Galipedia pode usarse como soporte para a promoción de certas persoas ou grupos, sexan estes de Galicia ou de calquera outro sitio.
- O mesmo que non deberiamos admitir que fixera o mesmo un membro do consello de redacción dun xornal de distribución nacional, nin un redactor xefe dunha revista, nin o directivo dunha empresa, nin un alto executivo dun banco,... cando houbera un interese directo, non debemos admitir que ninguén pretenda promocionarse nestas páxinas.
- Diso se trata, a Galipedia non pode ser surcursal de ninguén e este caso ten certas características que o agravan. Entendo que a resposta que hai que dar a casos coma este é o contrario do que se pretende e iso significa eliminar inmediatamente aquela entrada que se queira promocionar. Esa decisión non ten que estar mediatizada nin pola ideoloxía, nin polas simpatías, crenzas ou opinións personais de cada un de nós. Agora o artigo chámase Bernardo Penabade pero podería ter calquera outro nome. Trátase de defender o proxecto e enviar unha mensaxe clara a aqueles que pensen que poida ser manipulado. Ocorra iso agora ou nun futuro próximo.
- Quizais Gerardinho2000 non se decatara do que estaba facendo ou quizais si, neste momento iso xa non importa, o que se valora son as consecuencias. Personalmente creo que este proxecto ten mais importancia como proxecto de colaboración que polos contidos, ollo! non estou dicindo que os contidos non sexan importantes ou que non deban coidarse. Temos artigos de gran calidade e outros que no futuro poden chegar a selo. Así e todo hai certos artigos que probablemente nunca sirvan de referencia para ninguén. Sabemos que as páxinas relacionadas con partidos políticos (sobre todo aqueles que estean preto), crenzas relixiosas, temas polémicos, etc, están constantemente axexadas por militantes de partidos, crentes de todo tipo de credos, abandeirados desta ou daquela causa que intentan inserir a súa información por máis que queiramos evitalo. Nesas circunstancias é moi difícil que eses artigos teñan utilidade para os lectores, provocan rechazo e a súa proliferación resulta demoledora para a credibilidade do proxecto no seu conxunto.
- Por outra banda é sabido que moitas persoas teñen interese en figurar. Nos últimos tempos houbo unha preocupante escalada, editan eles ou persoas achegadas as súas entradas. Cando un realiza tarefas de administración non deixa de sorprenderse por ese afán por figurar, quizais buscan certo recoñecemento ou sentirse importantes. Na miña opinión esas persoas sobrevaloran a súa presenza aquí, o malo é que coas súas edición prexudican o noso esforzo por construir un wiki que sexa útil. Volvendo á cuestión que nos ocupa, esta entrada sexa cal sexa a decisión final queda "tocada" e pouco servizo pode facer a persoa reseñada, non obstante se non se atalla o sucedido pode producir un grave dano á Galipedia enviando a mensaxe de que calquera pode utilizar este wiki como medio de promoción e propaganda. Por iso a mellor solución, na miña opinión, é borrala. --Prevert(talk) 18:16, 26 outubro 2006 (UTC)
-
- Creio que é injusto o apagamento do artigo. Em todo o caso, a solução mais justa seria reverter as minhas modificações e deixar o artigo no estado anterior. Vejo justo o apagamento os outros artigos que criei eu e que podem ser polémicos, mas neste caso concreto só acrescentei conteúdo em base à Biblioteca Virtual Galega, à web da AGAL, ao fundo bibliográfico da USC e a algumas entrevistas que aparecem na rede (portanto, creio, dados contrastados e nada a verem com a propaganda). --Gerardinho2000 02:22, 28 outubro 2006 (UTC)
En contra:
Já vai em "ligações externas". Se a alguém molestam, apagam-se e ponto, não é preciso apagar o artigo na íntegra. No que tem a ver com a ligação a Galicia Digital, apaga-se e ponto. Porquê sacrificar o artigo na íntegra?
Discordo--AlberteSi, digame? 16:00, 23 outubro 2006 (UTC) O artigo non se adica a louvar ó citado, snón a dar un repaso á súa carreira. Non penso que sexa vanagloria nin nada diso, polo que penso que o artigo debe permanecer tal cal na Galipedia.
Discordo --PortoFaládeme aquí 16:08, 23 outubro 2006 (UTC) Pódense suprimir as cousas que non sexan válidas, mais NON suprimir o artigo.
Discordo--gerardinho2000 *--Gerardinho2000 15:00, 23 outubro 2006 (UTC) Na fotografia, cometim um erro ao sinalar o tipo de licença, já que (creio) não é nenhuma das que aparece. Eu tenho a certeza de ter sinalado que a licença é com atribuição de fonte (e isso faço no pé de foto). Embora no artigo se promocione a URL do web da AGAL, é compreensível: há muitos outros personagens cujas biografias remitem a páginas web...
Discordo -- Bernardo Penabade ten recoñecemento e méritos davondo como para merecer un artigo. Xosé(✉) 17:41, 24 outubro 2006 (UTC)
Discordo Poida que no artigo haxa cousas que se deban modificar pero Bernardo Penabade é un personaxe que si debe figurar na Galipedia.--Miñato 17:01, 26 outubro 2006 (UTC)
Discordo A Wikipedia merece ter este artigo se quer ser plural e acorde coa realidade sociolingüística galega e toda a súa problemática, ás veces máis esaxerada do que é real. Bernardo Penabade ten méritos abondos para figurar na Galipedia, e as usuarias e usuarios deste enciclopedia feita por voluntariado temos dereito a saber das súas contribucións á lingua galega. O feito de non aparecer a entrada noutras enciclopedias galegas non é un criterio obxectivo para o borrar, porque se se seguise tal criterio, moitos máis -que tamén deben estar- habería que borrar. Se a foto ten dereitos de autor, pódese quitar, e se houber algún outro problema, pódese amañar, mais borrar o artigo pareceríame excesivo. Un cordial saúdo. --Xoán Carlos Fraga 15:14, 10 decembro 2006 (UTC)
Comentarios:
Comentario Respecto a iste persoaxe, tiven a molestia de consultar dúas fontes de suma importancia nas bibliotecas de galicia. A primeira referencia é a Gran Enciclopedia Galega, o resultado é negativo, a outra referencia é Enciclopedia Galega Universal (EGU), co mesmo resultado. A través da rede podemos ver en Galicia Digital e velaí a exposición do punto 3; señores/as, cando ista xente tampouco se molla, quen dá creto que está biografía é escrita por la mesma persoa que o publicou (de onde ven coma orixe)?. Non sabemos cantas cousas son realidades ou logros. Aquilas persoas que discordan do tema invítoas a que se mollen e deixen un artigo como deus manda.--Xelo2004
(Se non estás dacordo, dimo) 22:44, 23 outubro 2006 (UTC)
- Onde viste tu que um reintegracionista apareça na EGU ou na EGE!!? Aparece, porém, no meirande directório sobre "quem é quem na Galiza", www.galegos.info : http://www.galegos.info/detalle.php?id=1694&tabla=galegos
Por outra parte, ao procurar "Bernardo Penabade" no Google há 1.810 ocorrências, de fontes algumas tão "fiáveis" como o jornal Galicia Hoxe. Se o que queres é uma cópia digital das 2 enciclopédias que citaste antes... --Gerardinho2000 23:08, 23 outubro 2006 (UTC)
- É curioso, si señor!!!. Moi curioso, que problema ten unha persoa reintegracionista para non aparecer en calquera das dúas enciclopedias mencionadas. Non ten unhas cantas obras publicadas?, non fixo discursos ni espuxo artigos en xornais?. Non é unha persoa con ¡¡¡moito prestíxio!!!, polo que repecta o tema (se tanta embergadura se lle da, que fai, que non aparece?). Será que o que conta na súa biografía ten pouco de serio?. Amigo, sabido está que "chufas e peidos, non costan diñeiros". Dís atopar no Google 1.810 coincidencias, quizáis non has miraches todas, do contrario, o artigo que se propón para borrar non se habería proposto por que sería outro artigo moi diferente. Dende aquí sigo reiterando o que espuxen no comentario principal.--Xelo2004
(Se non estás dacordo, dimo) 01:06, 24 outubro 2006 (UTC)
- Estimado Xelo, dicirche que no artigo do Sr. Penabade aparece parte da súa bibliografía. Sobre o reintegracionismo, deberas saber que desde Guerra da Cal, pasando por Carvalho Calero, a maior parte dos pessoeiros reintegracionistas ou não aparecem, ou as suas biografias aparecem sesgadas (a dualidade "Carballo Calero" vs "Carvalho Calero" oferece também diversas entradas e interpretações). Digo eu, aparecer nas duas enciclopédias que citas é marca de qualidade? Também aparecem todos os membros dos Governos de Fraga embora ninguém saiba quem foram (alguns, de tão breve passo como o Cástor Gago). Olha tu que, por exemplo, Margarita Ledo ainda não tem entrada nesta enciclopédia. Agora diz-me tu se é merecedora ou não de um artigo: fundadora da faculdade de jornalismo de Santiago, co-fundadora da UPG, premiada pola sua obra documental, presidenta da Lusocom, escritora reconhecida e premiada (aparece em todas as antologias literárias desde os '70)... E, provavelmente, nessas duas enciclopédias omitam muitas passagens da sua vida. Por enquanto, aqui nao tem artigo, e eu como ex-aluno e como vizinho, não o posso criar :-D --Gerardinho2000 01:15, 24 outubro 2006 (UTC)
- Outro dato, é que dende a administración xa estábamos a poñernos dacordo coa proposición de borrado cando Gerardinho2000 empezou a ampliar-lo datos. Se revertimos isos cambios volvemos o artigo que se estaba a falar para borrar. Pero como xa lle dixen a Gerardinho2000 na súa páxina de discusión; a administración debe de velar polo que o proxecto vaia cara adiante. De xeito neutral se podería borrar o artigo de B. Penabade e que sexa o mesmo Gerardinho2000 quen cree outro novo, pero máis extenso posibel en cunha estructura diferente o artigo que está feito. Maila que todo iso se puidese facer, cabería de facer unha proposta na Taberna sobre unha categoría a que se lle denomíaria "reintegracionismo", asimesmo, unha template unitaria para isa categoria. --Xelo2004
(Se non estás dacordo, dimo) 02:42, 28 outubro 2006 (UTC)
- De acordo. --Gerardinho2000 22:28, 29 outubro 2006 (UTC)