Xaquín Lorenzo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Xocas naceu o 23 de xuño de 1907 en Ourense, lugar onde falece o 19 de xullo de 1989. Estuda Educación Primaria e o Bacharelato na súa cidade natal, tendo como mestre a Ramón Otero Pedrayo. Fai Filosofía e Letras (Sección Historia) en Santiago de Compostela e Zaragoza.
Xocas, mentres exerce a docencia en Ourense, incorpórase ao Grupo Nós con Vicente Risco, Florentino López Cuevillas e Otero Pedrayo. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega e presidente do Patronato do Museo do Pobo Galego.
É fillo do escritor e caricaturista Xosé Lorenzo Álvarez.
Foille dedicado o Día das Letras Galegas no ano 2004
[editar] Obra
- Etnografía. Cultura material (volume 11 da Historia de Galicia, dirixida por Otero Pedrayo*.
- Vila de Calvos de Randín (1930, xunto con Florentino Cuevillas).
- Lápidas sepulcrales gallegas de arte popular.
- La Capilla y el Santuario del Santísimo Cristo de la Catedral de Ourense.
- Nosa Señora do Viso.
- La casa gallega.
- Cerámicas castrexas pintadas.
- Las habitaciones de los castros.
- O pastoreo na serra de Leboeiro.
- La capilla visigótica de Amiadoso.
- Deidades marianas en el Ourense romano.
- A casa.
- Vellas artes de pesca no río Miño.
- Distribucións dos xugos na Galiza.
- Metamorfose dunha casa castrexa.
- La iglesia prerrománica de Santa María de Mixós.
- Cantigueiro popular da Limia Baixa.
- Sobre algunos saludos en gallego.