Ángel Saavedra y Ramírez de Baquedano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ángel de Saavedra y Ramírez de Baquedano Conde de Rivas (Córdoba, 10 de marzo de 1781 - Madrid, 22 de xuño de 1865). Escritor dramaturgo, poeta e político español, coñecido polo drama romántico Don Álvaro o La fuerza del Sino.
Estudou no Seminario de Nobles de Madrid durante once anos. Con só nove anos xa lle correspondía por descendencia a Cruz de cabaleiro de Malta, a Banderola da Guardia de Corps, o hábito de Santiago, etc. En 1807 foi alférez da Guardia Real. Loitou con valentía contra as tropas napoleónicas sendo ferido na Batalla de Ontígola. O Xeneral Castaños nomeouno capitán de Caballería Ligera. Obtivo tamén o título de axudante do Estado Mayor.
En 1823, Rivas foi condenado a morte polas súas crenzas liberais e por participar no golpe de estado de Riego en 1820. Ademáis confiscáronselle os seus bens e fuxiu cara Inglaterra, despois pasou a Malta onde viviu cinco anos, marchado en 1830 a París. Despois da morte de Fernando VII, regresou a España ao recivir a amnistía reclamando a súa herdanza e o seu título, ademáis en 1834 morreu o seu irmán maior e foille concedido o título de Duque de Rivas. Dous anos despois foi nomeado Ministro de Gobernación. Logo emigrou a Portugal por pouco espazo de tempo. Ao seu regreso foi elixido senador, alcalde de Madrid, embaixador e ministro plenipotenciario en Nápoles e Francia. Foi Presidente do Consello de Ministros, do Ateneo de Madrid e da Real Academia Española en 1865
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Fernando Fernández de Córdova |
Ángel Saavedra y Ramírez de Baquedano (1854-1854) |
Precede a: Baldomero Espartero |
Presidente do Goberno de España |