Reinado de Isabel II de España
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coa morte de Fernando VII o 29 de setembro de 1833, a súa dona María Cristina de Borbón-Dos Sicilias asume a rexencia de España co apoio dos políticos liberais, até que a futura raiña Isabel II acade a maioría de idade, que pretendía ao trono en virtude de unha pretendida lei sálica (derogada por Carlos IV de España e polo propio Fernando VII) levaron ao país á Primeira Guerra Carlista.
Cando Isabel acadou a maioría de idade por resolución das Cortes Xerais e ante o fracaso da rexencia de Baldomero Espartero (1843), sucedéronse varios períodos caracterizados por un intento modernizador de España que se viu contido, nembargantes, polas tensións internas dos chamados "liberais", a presión que seguían exercendo os partidarios do absolutismo máis ou menos moderado, os gobernos totalmete influídos polos militares e o fracaso final ante as dificultades económicas da Unión Liberal que levaron a España á experiencia do Sexenio Democrático.
Índice |
[editar] As rexencias de María Cristina e Espartero
A rexencia de María Cristina estivo marcada pola Guerra Civil e o enfrontamento entre xenerais. Francisco Cea Bermúdez, moi próximo as teses de absolutismo de Fernando VII foi o primeiro presidente de España. A asusencia de conquistas por parte dos liberais fixo a saida de Cea do Goberno, e a entrada de Francisco Martínez de la Rosa quen convenceu á rexente para a promulgación do "Estatuto Real de 1834", que supuxo o retroceso frente a Constitución de 1812.
O fracaso dos conservadores levou ao poder aos liberais en 1835. O político máis representativo desta época foi Juan Álvarez Mendizábal, que conseguiu deter as sublevacións liberais e comezar reformas económicas e políticas, sobre todo co proceso de desamortización da Igrexa católica. Coa dimisión de Mendizábal, acosado por moitos conflitos, aparece a Constitución española de 1837, promovida por José María Calatrava.
Co inicio da Primeira Guerra Carlista xeráronse varios problemas económicos e políticos. A loita contra o exército do carlista Tomás Zumalacárregui, en guerra dende 1833, obrigou a María Cristina a depositar a súa confianza nos militares cristianos que acadaron grande fama na poboación. Entre estes militares destaca Baldomero Espartero quen foi o encargado de certificar a vitoria final no "Convenio de Oñate". Ésta situación na que os militares suplían aos políticos, provocou unha crise gubernamental permanente onde os intereses das disntintas partes foron creando gobernos militares sen autoridade.
En 1840, María Cristina, consciente da debilidade ante os militares, intenta chegar a un acordo con Espartero, pero éste seguiu intrigando até que o 1 de setembro, estala a revolución liberal de Madrid. Por este motivo María Cristina vese obrigada a deixar a rexencia en mans de Espartero e fuxir a Francia.
Foi o 12 de outubro de 1840, cando Espartero asumiu a rexencia de España cun amplo apoio popular. Nembargantes, o xeral non soupo rodearse do espírito liberal que o levara ao poder, e decidiu confiar os asuntos máis transcendentais aos seus compañeiros de armas
Espartero exerceu a rexencia en forma dunha ditadura. Pola súa parte, os conservadores representados por Leopoldo O'Donell e Ramón María Narváez non desistiron nos seus alzamentos. En 1843 o deterioramento político e económico acadou proporcións descolosais, e a impopularidade de Espartero crecera de tal maneira, que os liberais que o apoiaran tres anos antes, agora conspiraban contra él. O 11 de xuño de 1843 a sublevación dos moderados foi tamén apoiada polos homes de confianza de Espartero, o que o obrigou a deixar a rexencia e marchar a Londres.
[editar] Chegada á Rexencia
Coa saída de España de Espartero, os políticos decidiron dar a maioría de idade á Reina, a pesares de que Isabel tiña soamente 13 anos. Así, até 1868 creouse un reinado complexo que marcaron o rumbo político de España do século XIX e principios do século XX.
Durante esta etapa distínguense tres partes: A década moderada (até 1854), o Bienio Progresista (até 1856) e os gobernos da unión liberal (até 1868).
Para comezar a súa rexencia, xa como Isabel II, xurou a Constitución de 1837 perante as Cortes Xerais. Para formar goberno, pediulle axuda ao progresista Salustiano Olózaga, que pactara con Cristina o seu regreso do exilio en Francia. Pero, coa perda da votación para a elección de Presidente do Congreso dos Deputados, obrigou a Olózaga a dimitir do goberno e a romper o acordo entre progresistas e moderados (que puxera fin á rexencia de Espartero).
González Bravo foi nomeda novo Presidente do Gobeno de España o 11 de decembro dese mesmo ano.
[editar] A década moderada
Posteriormente o líderazgo do Partido Moderado recaeu en Ramón María Narváez, (que influía fortemente na forma de gobernar de Gonzáleza Bravo), que asumiu a Presidencia do Goberno dando inicio á Década Moderada. Este período caracteízase por unha relativa estabilidade. Nesta época aparece a Constitución de 1845 que regresa á soberanía compartida entre o rei e as cortes.
Pero dentro do Partido Moderado había unha división moi evidente, que provocou o cese de Narváez o día 11 de febreiro de 1846.
Este cese producíuse pola polémica decisión de decidir quen será o home que se case coa raíña. Ése mesmo ano Isabel casa con Francisco de Asís de Borbón (eran primos) o día 10 de outubro. Antes deste casamento, a súa nai, María Cristina de Borbón construíra un plan para que a súa filla casara co herdeiro a coroa de Francia.
[editar] O bienio progresista
Co nomeamento de Baldomero Espartero como presidente do goberno iníciase unha nova etapa no reinado de Isabel II o denominado Bienio Progresista.
Con este nomeamento, de Espartero como Presidente, éste nomeou a O'Donell como Ministro da Guerra. Ésta unión entre os dous políticos (aparentemente fieis un ao outro) tivo os seus problemas. Mentras O'Donell trataba de apagar prácticas liberais de Espartero no tema da Igrexa e a desamortización, Espartero buscaba o liberalismo.
O'Donell formaba a Unión Liberal, mentras seguía no goberno co Espartero. As eleccións ás Cortes deron maior número de escanos a O'Donell que a Espartero (1854). Así as cousas, a convivencia entre os dous naufragaron, e a cuestión relixosa, ao presentarse ante as cortes cun proxecto que declaraba que ninguén podía ser molestado polas súas crenzas. A proposta foi aprobada e por este motivo quedaron rotas as relacións coa Sante Sé.
Pero O'Donell non permitiría que isto seguira adiante. Espartero, consciente desta situación mobilizou á Milicia Nacional e á prensa contra os ministros moderados, pero a reina decidiu dar a xefatura do goberno a O'Donell. A esta situación engadíanselle as sublevacións carlistas en Valencia e a grava situación económica do país. As dúas partes enfrontáronse nos rúas os día 14 de xullo e 15 de xullo de 1856, onde Espartero decidiu retirarse.
[editar] Os gobernos da Unión Liberal
Co nomeamento de O'Donell como Presidente do Consello de Ministros restaurouse a Constitución de 1845. Tras os sucesos de xullo a debilidade de O'Donell fixo que a raíña cambiara a presidencia do goberno a Narváez. A inestabilidade continuou até 1857. Co regreso de O'Donell á presidenci comezan Os gobenos da unión liberal
O 30 de xuño créase o novo goberno, no que O'Donell sería o Ministro da Guerra. Este goberno dura catro anos e medio, até que o 17 de xaneiro de 1863 se disolveu. Foi o goberno máis estable da época.
Reestableceuse a Constitución de 1845 e as elecciós ás Cortes do día 20 de setembro de 1858 déronlle a Unión Liberal o control do poder lexislativo. Continuouse coa política desamortizadora, se ben o Estado entregou a cambio déveda pública á igrexa e repuxo o concordato de 1851. aparecron novas leis que serían claves e a vixencia destas chegou até o século XX: Lei Hipotecaria, Primeiro Plan de Estradas, etc. Pero o goberno no deu desterrado a corrupción económica que estaba en todos os estamentos de poder. A partir de 1861 este goberno comezou a caer.
Así o 2 de marzo de 1863 a raíña aceptou a dimisión de O'Donell.
[editar] Fin do reinado de Isabel II
A substitución de O'Donell non era sinxela. Os partidos tradicionais tiñan problemas internos entre os seus membros. Por iso foron os moderados as que ofreceron a Fernando Fernández de Córdova para formar goberno. Finalmente a raíña prefiriu no goberno a Manuel Pando Fernández de Pineda, conde de Miraflores, que carecía de apoio, e seu goberno soamente durou até xaneiro de 1864. A partir de aqui houbo sete gobernos até a Revolución de 1868.
Pola súa parte os progresistas daban por superado a Espartero, e Olózaga xuntamente con Juán Prim foron formando unha alternativa que non confiaba en Isabel II de España para saír da crise permanente.
Narváez formou goberno o 16 de setembro de 1864, pero a negativa dos progresistas a participar nun sistema que consideraban corrupto levou a Narváez ao autoritarismo e adimisión da maior parte do seu gabinete. Para todo isto, sumanse os sucesos da Noite de San Daniel o 10 de abril de 1865. Os universitarios de Madrid protestaban contra as medidas de Antonio Alcalé Galiano, que intentaba apartar das aulas o racionalismo e o krausismo, mantendo a vella doctrina de da moral oficial da Igrexa católica, e contra a expulsión da súa cátedra de Historia a Emilio Castelar polos artigos escritos no rotativo La Democrácia. A dura resposta dos medios de seguridade causaron a morte de 13 universitarios.
Esta crise fixo formar novo goberno o 21 de xuño a O'Donell, Cánovas e Manuel Alonso Martínez, ademáis doutras figuras destacadas. Asía as cousas, Prim sublevouse en Villarejo de Salvanes nun xiro político que apostaba por tomar o poder mediante as armas, pero o golpe fracasou. A actitude hostil dos progresistas fixo que O'Donell reforzara o seu goberno e provocou a sublevacón do Cuartel de San Gil o 22 de xuño, outra vez organizada por Prim, que tamén foi un fracaso.
Coa retirada de O'Donell do goberno, Narváez substituiuno, reforzando a censura e a orde pública. Coa morte de Narváez, sucedeuno o 23 de abril de 1868 o autoritario Luís González Bravo pero a revolución xa comezara e o fin da monarquía chegou o 19 de setembro con La Gloriosa ao grito: "¡Abajo los Borbones! ¡Viva España!", ao tempo que Isabel fuxía a Francia para dar paso ao Sexenio Democrático.