A Devesa, Ribadeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(Sta. Eulalia, ou Santalla, de xeito oficial, Ribadeo, Lugo) Documentado como 'Devesa'
Santa Baia da Devesa
Esta parroquia está arroupada polas de Reinante, San Miguel de Reinante e Vilamartin Pequeno (no concello de Barreiros) cuio limite o fai o regato do Perdón e, polo sur con Arante, no leste con Covelas e Vilaframil (tamén esta o seu termo o monte Mondigo) e polo oeste con Rinlo. Freigresía pertencente o arciprestazgo de Ribadeo, con 615 habitantes distribuidos en 11 entidades de poboación e 9 lugares o que fai unha densidade de 29'6 hab/km2, segundo o censo do 2004.
- As entidades de poboacion son as seguintes: O Barral (30), Barrio Novo (10), Cinxe (93), Liñeiro (abandoado), Meirengos (48), Noceda (45), A Pedreira (29), O Rato (133), A Rochela (70), Vilagoíz (68), e Vilandriz (89).
- Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: A Avesada, O Barrio da Campana, Cepetal, Esteiro, O Lagar, Os Olleiros, A Preixoana, O Viladroiro e A Volta.
Situación xeográfica | |
---|---|
Mapa de ubicación en Galiza da parroquia A Devesa, Ribadeo |
|
Concello ó que pertence: Ribadeo |
Situacion xeografica da capital parroquial:
Latitude: 43º 32'
Lonxitude: 7º 08'
Superficie: 20,74 Km²
Altitude media: 110 m.
- Festas:
O 31 de Agosto acostuman a celebrarse ss Festas na honra a San Ramón, que incluen romaría e procesión. Pero as Festas Patronais son as de Santa Eulalia case sempre o 10 de Decembro e contan con unha grande tradición na zona xa que coinciden coa época o San Martiño ou da matanza do porco.
- Historia:
Derívase o seu nome do latín Defensa, 'protexida', que perde a -n- ante a -s- na súa evolución, como mensa / mesa, quedando así Defesa, como xa aparece atestiguado no ano 924. A -f- latina, sonido fricativo fortemente sonorizado, convírtese en -v- dándonos a súa forma actual Devesa, co significado de 'Vila fortemente defendida' que logo pasou a designar esta parroquia.
- Monumentos:
O templo parroquial (a Igrexa de Santa Eulalia) é do seculo XVI, pero con reformas posteriores. Dispon dunha nave con bóveda de arista nos tres tramos, sobre arcos faxons. Na fachada un arco escarzano e unha torre de dous corpos rematada pola cúpula de media laranxa. No seu interior, un retablo neoclásico do seculo XIX e tres barrocos do XVIII. En canto a orfebrería posee tres cálices e un copón, de prata e ouro. Existen ademáis dentro do térmo parroquial tres capelas, baixo as advocacions de Santa Filomena, San Roque e San Ramón (cun retablo barroco do XVIII, o que se lle incorporou un Cristo do seculo XVII). Na zona de Os Castros podense aèrcibir aún restos de castros celtas de certa importancia. Por lo termo tamén se localizan o Circulo Habaneiro, a Casa Place, a Casa Maseda e outras de estilo colonial o caron da estrada xeral.
- Lecer:
Mención aparte merece o Albergue Xuvenil, un campamento que se abre no veran para realizar acampadas. Tamén atopamos unha cooperativa agrícola Os Irmandiños, un dos modelos que contribuiu a dar empuxe o concello no ámbito municipal das actividades. Pero tamén hai que falar das praias do seu termo, sobresaindo a chamada Praia das Catedrais (coñecida de sempre no lugar por Praia de Augas Santas) pertencente a zona de 'O Rato', pero tampouco debemos de desprezar as praias de: As Illas e A Rochela (ambalas duas na zona da Rochela) e Esteiro (dentro da zona do mesmo nome).
[editar] Lugares da Devesa
Lugares da parroquia de A Devesa no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
A Avesada | O Barral | A Barrio da Campana | Barrio Novo | Cepetal | Cinxe | Esteiro | O Lagar | Liñeiro | Meirengos | Noceda | Os Olleiros | A Pedreira | A Preixoana | O Rato | A Rochela | O Viladroiro | Vilagoíz | Vilandriz | A Volta |
[editar] Parroquias de Ribadeo
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo | |
---|---|
Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María) |