Santalla de Vilausende, Ribadeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(Parroquia de Santalla ou Santa Eulalia, Ribadeo, Lugo) Documentada como Villadosindi.
Santa Baia de Vilausende
Cinco parroquias son as encargadas de arroupar a ésta; no norte as de Ove, A Devesa e Covelas, no oeste a de Cedofeita, polo sur as de Couxela e A Valboa (Trabada) e polo leste a ría do Eo. Freigresía pertencente o arciprestado de Ribadeo, cuxos 226 habitantes agrupados en 8 entidades de poboación e 3 lugares, cunha densidade media de 21'6 hab/km2 (censo do 2004). A parroquia é regada por dos regatos, cara o norte o regato da Fraga e cara o sur o regato da Veiga.
- As entidades de poboacion son as seguintes: Lourido (15), Porto de Abaixo (34), Porto de Arriba (35), O Río da Veiga (19), San Tomé (7), Santalla (48), A Torre (14) e Vilausende (54).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: O Carbón, Os Castros e A Curuxeira.
Situación xeográfica | |
---|---|
Mapa de ubicación en Galiza da parroquia Santalla de Vilausende, Ribadeo |
|
Concello ó que pertence: Ribadeo |
Situacion xeografica da capital parroquial:
Latitude: 43º 29'
Lonxitude: 7º 04'
Superficie: 10,46 Km²
Altitude media: 100 m.
- Festas e Lecer:
Celebranse as Festas Patronais o 10 de Decembro, na honra a Santa Eulalia. A Festa das Frores celebrase a derradeira semana de Maio ou ven a primeira de Xuño. Polo 10 de Xuñoo tamén se celebra as Festas do Corazón de Xesús. Tratase dunha celebración relixiosa (sen verbena), xa que noutrora considerabase que bailar ese día era pecado e na actualidade se esta a conservar tal tradición. No lugar de Os Castros quedan restos dunha fortaleza prehistórica con cerámica abundante e varios muiños de man.
- Historia:
Na historia, a parroquia de Vilausende segue e mesmo sentido que o concello, en canto o nome da parroquia dise que provén do nome do posesor xermánico xa latinizado Adosindus, que na documentación medieval aparece na súa forma xenitiva Adosindi. Na súa evolución perdeu o -d- intervocalico, co que o cambio fonético da -i- en -e- daranos a forma Aosende, que unida ó seu precompoñente Villa- obteremos Villaosende. O diptongo -ao- convírtese ás veces en -u- dándonos a forma Vilausende, que, de feito, así recolle o nomenclator da Xunta de Galicia e que a xente do pobo usa na súa pronunciación: Vilaosende ou Vilausende, coa reducción da -ll- geminada en -l-.
- Monumentos:
A parroquia en si, presente o seu templo, que agocha no seu interior imaxes de estilo barroco do seculo XVIII. Por outra banda temos os restos do Pazo de Quinta Longa, no lugar de Os Castros, é un conxunto en mal estado de conservación. A casa conserva a sua estructura primitiva, con parte do patio de ingreso e corredor sobre pilares de granito e cuberta de lousa. No muro oriental campea unha pedra de armas ovalada coa inscripción e cartelado cos emblemas dos Montenegro e Luaces. Completan o conxunto un pombar de forma hexagonal e unha capela que noutrosa era adicada a Virxe da Inmaculada, que conforman un recinto todo amurallado.
[editar] Lugares de Santalla de Vilausende
Lugares da parroquia de Santalla de Vilausende no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
A Curuxeira | Lourido | Porto de Abaixo | Porto de Arriba | O Río da Veiga | San Tomé | Santalla | Torre | Vilausende |
[editar] Parroquias de Ribadeo
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo | |
---|---|
Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María) |