Vilaselán, Ribadeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
(Parroquia de Santa María, Ribadeo, Lugo) Documentado como 'Vilaselani'
Santa María de Vilaselán
As parroquias de Piñeira e Ribadeo no leste, Ove e Vilausende no sur, Vilaframil e Rinlo no oeste e o Mar Cantábrico, son as encargadas de arroupar esta freigresía, pertencente o arciprestado de Ribadeo e anexa da parroquia de San Xoán de Piñeira. Os seus 403 habitantes agrúpanse en 14 entidades e 2 lugares, cunha densidade media de 190'1 hab/km2 (censo do 2004). Nun dos estremos atópase a Illa Pancha que vixía a entrada da enseada de Vilaselán e polo outro extremo a entrada da Ría de Ribadeo. Tamén pasa polas súas estemas o río de Vilaselán. E pódese aprezar dende as dúas derradeiras décadas do século XX a absorción dalgunhas aldeas pola expansión da vila de Ribadeo, como A Eirexa, A Senra, O Circo e algunha outra máis.
- As entidades de poboacion son as seguintes: As Barreiras (26), O Campoxurado (30), O Cargadoiro (26), As Casas de Abaixo (3), O Circo (25), A Cruz (54), A Eirexa (27), O Espín (11), Os Galos (127), A Granxa (abandoado), A Lodeira (18), Outeiro (7), A Senra (18) e A Torre (31).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades) son: As Trancoeiras e Xan de Abaixo.
Índice |
[editar] Situacion xeografica da capital parroquial
Situación xeográfica | |
---|---|
Mapa de ubicación en Galiza da parroquia Vilaselán, Ribadeo |
|
Concello ó que pertence: Ribadeo |
Latitude: 43º 32'
Lonxitude: 7º 02'
Superficie: 2,12 Km²
Altitude media: 40 m.
[editar] Festas e Lecer
Celébranse as Festas da Virxe o 10 de abril, nela venerase con gran devoción (principalmente os mariñeiros), a imáxe da Virxe (aparecida no mar, segúndo a tradición). Tamén son celebradas as Festas de Santo Antón, que teñen lugar o 13 de xuño. Pódese destacar que se están comezando a urbanizar os extremos do norte da parroquia, onde está xa rematado gran parte do paseo marítimo.
[editar] Historia
Tamén corre paralela á do concello de Ribadeo. Nentroques que o nome parece provir dun composto por Vila e Selán. O compoñente Villa ten o senso latino de 'Casa de Campo'. O segundo elemento provén do nome de posesor xermánico latinizado Selanus, no seu caso xenitivo: Villa [domini] Selani. Coa caída do seu -i final dános a súa forma actual, Selán.
No seu territorio aséntanse varios castros, como o de Louselas e o Castro das Grobas.
[editar] Monumentos
O máis caracteristico é a igrexa de Santa María (do século XVIII), dispón dunha nave rectangular con catro arcos faxons, capela maior cun arco triunfal e bóveda de arista, duas sacristías, torre de campás sobre o frontis e pórtico acaroado o muro dereito do templo. No seu interior, retablo maior, de estilo neoclásico e duss laterais, de similar do mesmo tempo. Nunha aldea das cercanias podemos atomar a Capela de San Miguel. Pero o achádego máis relevante desta parroquia é arqueolóxico, esta situado no lugar de Louselas, aunque segue na fase de avaliación. Considerase un xacemento de gran importancia tanto pola su extensión como pola cantidade de restos atopados ata o momento. Algúns foron trasladados o museo de Vilalba. Pero estase a supoñer que pode ser probablemente o maior e mellor xacemento de Galicia, polo que xa esta delimitada a zona do castro que quedará reservada para investigación e exposición.
[editar] Galería fotográfica
Hórreo na estrada dende Ribadeo, á dereita da estrada (Lodeira). |
Hórreo na estrada dende Ribadeo, á esquerda (fronte ó anterior, Lodeira) |
Hórreo en restauración en Campoxurado |
|
Hórreo en Campoxurado |
Outro hórreo en Campoxurado |
[editar] Lugares de Vilaselán
Lugares da parroquia de Vilaselán no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
As Barreiras | O Campoxurado | O Cargadoiro | As Casas de Abaixo | O Circo | A Cruz | A Eirexa | O Espín | Os Galos | A Granxa | A Lodeira | O Outeiro | A Senra | A Torre | As Trancoeiras | Xan de Abaixo |
[editar] Parroquias de Ribadeo
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo | |
---|---|
Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María) |