Aceleración
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A aceleración é unha magnitude física que mide a variación da velocidade respecto á variación do tempo. Descrito en termos diferenciais, dada unha función da posición dun móbil respecto ó tempo, a aceleración será a segunda derivada desta función respecto á variable temporal.