AIM-9 Sidewinder
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O AIM-9 Sidewinder é un mísil aire-aire de curto alcance que equipa a cazas e recentemente tamén a helicópteros. O Sidewinder foi realmente o primeiro mísil aire-aire eficaz e foi posteriormente imitado e copiado. Coas súas últimas variantes aínda permanece en servizo en numerosas forzas aéreas.