User:Albert galiza/Exemplo artigos destacados
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Artigos destacados na Galipedia Esta páxina contén unha lista de artigos que a comunidade da Galipedia considerou dunha excelente calidade. Aquí temos a posibilidade de facer un seguimento de artigos especialmente valiosos, de entre os miles de artigos que compoñen a Galipedia. Se atopas un artigo extraordinario na Galipedia que cumpra cos criterios de calidade, engádeo como candidato a destacado en a páxina de candidatos, onde se someterá a votación e se revisará o seu estilo, integridade, precisión e neutralidade. Nestes intres hai 17 artigos destacados dun número total de 23,134 artigos existentes na Galipedia. As edicións da Wikipedia noutras linguas posúen tamén artigos destacados que poden axudar a mellorar o contido da Wikipedia en galego. A existencia dun artigo destacado noutra lingua pode ser detectada a través da presenza dunha pequena estrela (
|
O vieiro cara un artigo destacado
|
Artigo destacado actualmente na portada As Guerras Médicas foron unha serie de conflitos que durante a primeira metade do século V a.C. enfrontaron aos gregos cos persas (confundidos polos gregos cos medos, outro pobo iraniano). En particular, as Guerras Médicas refírense a unha ou ás dúas invasións persas do territorio grego europeo en 490 e 480/479, que os gregos lograron finalmente rexeitar. Non todos os gregos loitaron contra os persas; algunhas cidades-estado foron neutrais e outras aliáronse con Persia. |
Derradeiros artigos destacados
|
|
As Protestas da Praza Tian'anmen de 1989, tamén coñecidas como Masacre da Praza Tian’anmen ou Incidente do 4 de xuño, foron unha serie de protestas lideradas por estudantes, intelectuais e activistas laborais na República Popular Chinesa que ocorreron entre o 15 de abril e o 4 de xuño de 1989. A protesta debe o seu nome á localización da violenta supresión do movemento, que foi na Praza Tian'anmen de Pequín, polo Exército Popular de Liberación. Os manifestantes proviñan de distintos grupos, dende os intelectuais que pensaban que o goberno do Partido Comunista Chinés era demasiado corrupto e represor, ata os traballadores urbanos que pensaban que a reforma económica chinesa chegara demasiado lonxe e que a inflación e o desemprego xeralizado estaban ameazando a súa forma de vida. A Segunda República Española é o réxime político polo que se rexeu España no período que vai dende o 14 de abril de 1931, data de proclamación da mesma, até o 1 de abril de 1939, data da vitoria definitiva do bando autoproclamado nacional (é dicir, o dos alzados contra a República o día 18 de xullo de 1936, chamados así en oposición ós leais a ela, que eran coñecidos como republicanos). [editar] ProclamaciónTrala dimisión do ditador Miguel Primo de Rivera, o rei Afonso XIII intentou devolver ó debilitado réxime monárquico a lexitimidade popular. Para iso, o goberno presidido polo almirante Juan Bautista Aznar convocou unha rolda de eleccións escalonada, comezando polas municipais para seguir coas xerais. Tendo en conta as circunstancias, as eleccións municipais adquiriron un carácter de plebiscito en prol ou en contra da monarquía. O 12 de abril de 1931 celebrouse a segunda rolda das eleccións municipais. Aínda que cuantitativamente saldáronse coa vitoria monárquica nas urnas (22.150 concelleiros monárquicos fronte a 5.574 republicanos), cualitativamente o impulso republicano quedou de manifesto ó trunfar nas grandes cidades (41 das 50 capitais de provincia), é dicir, os núcleos menos vulnerables á influenza do caciquismo e á perversión do sistema electoral de 1907, que impedía a celebración de eleccións cando non houbera listas enfrontadas. Así o entendeu a elite monárquica e o propio Rei, que constataron a falta de apoio popular á orde estabelecida, renunciaron ó emprego da forza e abriron paso á proclamación da República. Grecia Antiga é o periodo da historia de Grecia que durou uns mil anos e rematou coa chegada do cristianismo. Considérase como o alicerce da civilización occidental. A cultura grega exerceu unha poderosa influencia sobre o Imperio Romano, que levou consigo unha versión propia a moitas partes de Europa. A civilización dos antigos gregos tivo unha influencia enorme sobre a lingua, política, sistemas educativos, filosofía, ciencia e as artes, dando lugar ao Renacemento da Europa Occidental e rexurdiu de novo durante varios movementos "neoclásicos" durante os séculos VIII e XIX en Europa e en América. A Fórmula 1, referida ás veces na escrita como F1, é un deporte automobilístico en que compiten pilotos profesionais en monoprazas open-wheel pertencentes a diferentes escuderías en distintos circuítos preparados especialmente co obxectivo de chegar primeiro á liña de meta. O "fórmula" do nome refírese a unha serie de normas e regulacións que tódalas escuderías deben cumprir, mentres que o "1" é porque é a categoría máis alta das competicións de monoprazas, feito que vén respaldado por tratarse do deporte máis caro do mundo e por utilizárense os coches máis rápidos (a miúdo corren a máis de 300 km/h) e potentes (poden acadar cerca de 20000 revolucións por minuto). |
Índice de artigos destacados
|
|
Contido
|
|
[editar]
|