Alvar Aalto
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Hugo Alvar Henrik Aalto ( 3 de febreiro 1898-11 de maio 1976) foi un arquitecto e deseñador finlandés.
Naceu na cidade de Kuortane, fillo dun enxeñeiro agrícola. Estudou arquitectura na Universidade Tecnolóxica de Helsinki (1916-1921). Abriu o seu primeiro estudo en 1923 en Jyväskylä. En 1924 casou coa tamén arquitecta Aino Marsio. A viaxe de vodas a Italia supuxo o encontro coa cultura mediterránea que tanta influencia tería na súa obra. En 1927 trasládouse a Turku onde construíu a sede do xornal que converte no seu manifesto arquitectónico. Posteriormente fixou a súa residencia en Helsinki.
En 1940 pasou a vivir no Estados Unidos, onde foi profesor de arquitectura no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. No 1950 voltou a Finlandia, despois da morte da súa muller
Aalto tamén deseñou mobles e cristais. Defensor do funcionalismo e da arquitectura orgánica. Os seus edificios intégranse harmoniosamente na paisaxe, co que forman un todo arquitectónico, a madeira e o tixolo foron os materiais preferidos. Deseñou 200 proxectos dos que a metade foron realizados.
[editar] Construcións
Sanatorio de Paimio 1928-1929
Edificio do xornal Turun Sanomat, 1928-1930 Hospital de Zagreb 1931
Biblioteca de Viipuri 1927-35
Biblioteca de Vyborg 1933-5
Cidade de Sunila, 1934-5
Vila Mairea en Noormarkku 1937-1939
Casa Baker (Residencia universitaria), Cambridge, Massachusetts 1947-8
Universidade Tecnolóxica de Helsinki, en Espoo 1949-1966
Casa do concello de Säynätsalo 1950-52
Casa da Cultura, Helsinki 1952-8
Museo de Aalborg 1958-62
Igrexa de Vouksenniska 1959
Ópera de Essen 1964
Biblioteca Rexional de Laponia, Rovaniemi 1965
Palacio Finlandia en Helsinki 1970-1
Realizou ademais os Pavillóns de Finlandia nas Exposicións de París(1937) e Nova York (1939)