Andreas Brehme
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Andreas Brehme | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Andreas Brehme | ||
Alcume: | ' | ||
Data de nacemento: | 9 de novembro de 1960 | ||
Lugar de nacemento: | Hamburgo, Alemaña | ||
Data de falecemento: | |||
Lugar de falecemento: | , | ||
Nacionalidade: | ![]() |
||
Clube actual: | Retirado | ||
Posición: | Lateral Esquerdo | ||
Altura: | 1,76 m metros | ||
Partidos internacionais: | 86 | ||
Goles: | 8(Selección) | ||
Ano do debut: | 1981 | ||
Clube do debut: | 1. FC Kaiserslautern | ||
Ano do retiro: | 1998 | ||
Clube do retiro: | 1. FC Kaiserslautern |
Andreas "Andy" Brehme é un ex-futbolista xermano que xogaba de lateral esquerdo. Era un grande especialista a balón parado, e foi campión do mundo en 1990, anotando un gol de penalti na final contra a Arxentina.
Índice |
[editar] Clubes
Andreas Brehme comeza a súa carreira no 1. FC Kaiserslautern, no ano [1981]]. Aquí ficaría ata 1986, cando marcha cara o Bayern Múnic. Na súa etapa coma xogador do Bayern conseguiría o seu primeiro título coma profesional: Foron campións da Bundesliga no ano 1987. A finais da tempada unha boa oferta do Inter de Milán faille colle-la equipaxe e fichar polo clube italiano.
Na súa etapa no Inter gaña a Serie A (O Scudetto) en 1989 e a Copa da UEFA de 1991. Estes anos a rivalidade entre os dous clubes máis importantes da cidade, o Inter e o AC Milan tiña unha especial forza, xa que a base dos primeiros eran os seus xogadores xermanos Lothar Matthäus, Rudi Völler e o propio Brehme e no caso dos segundos os holandeses Marco van Basten, Ruud Gullit e Frank Rijkaard.
Tras cinco tempadas en Italia, en 1992 ficha polo Real Zaragoza de onde sairá no verán de 1993.
A derradeira etapa da súa carreira xogaría no seu primeiro clube, o 1. FC Kaiserslautern. Antes do seu retiro en 1998 gañan a Copa de Alemaña de Fútbol en 1996 e a Bundesliga xa en 1998.
[editar] Selección
Brehme xogou tanta na selección de Alemaña do Oeste coma despois na da Alemaña unificada.
Participou en tres mundiais, México 86, Italia 90 e EEUU 94.
En México o equipo xermano quedou subcampión ao perder na final contra a Arxentina, na que destacaba Diego Maradona. O encontro rematou 3-2, despois de adiantarse os arxentinos por 2-0 e a posterior igualada dos xermanos, un xenial pase de Maradona no derradeiro intre do encontro deulle a vitoria ó cadro sudamericano.
En Italia vingáronse da Arxentina, xa que de novo as dúas escadras se enfrontaban na final. Desta volta Alemaña venceu 1-0 cun gol de penalti de Andreas Brehme.
Os seus derradeiros encontros internacionais disputounos en no Mundial de EEUU en 1994. Eiquí non lograron pasar dos cuartos de final, o que supuxo unha decepción para os daquela atuais campións do mundo.
[editar] Adestrador
Despois de gaña-lo campionato da Bundesliga, Brehme retírase do fútbol e adícase a prepararse para ser adestrador. O seu primeiro clube xa coma técnico foi 1. FC Kaiserslautern, no ano 2000. Dous anos mais tarde dimitiría do cargo polos pobres resultados que estaba a acadar, xa que o clube atopábase neses intres a piques de descender de categoría.
Marchou ó SpVgg Unterhaching, da 2ª division xermana mais tivo que abandoa-lo clube ante a crise de resultados que atravesaba.
Estivo tamén de axudante de Giovanni Trapattoni no VfB Stuttgart mais foron cesados do cargo ós poucos meses.
[editar] Trivia
Brehme pode usa-los dous pés coa mesma habilidade. De feito tiraba os penaltis co pé dereito e os saques dende o curruncho e as faltas co esquerdo.