Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Anton Chekhov - Wikipedia

Anton Chekhov

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Anton Chekov
Anton Chekov

Anton Pavlovich Chekhov (Анто́н Па́влович Че́хов), nado o 29 de xaneiro de 1860 en Taganrog -na Rusia-, foi un famoso escritor ruso, un dramaturgo e un mestre do conto moderno. Finou o 14 de xullo ou 15 de xullo de 1904 en Badenweiler na Alemaña)

Índice

[editar] Infancia en Taganrog

Era fillo de Pavel Egorovic Chekhov e de Evgenija Jakovlevna. Tivo 4 irmáns (Aleksandr (1855), Nikolai (1858) máis vellos ca el e Ivan (1861) e Mikhail (1865) máis novos) e unha irmá, Marija (1863). Unha segunda irmá nacida en 1869, Evgenija morreu con dous anos de idade.

As orixes da familia son humildes. O avó de Chekhov, Egor Chekhov, foi un servo que mercou a súa liberdade do Kreopostnoje Pravo. Pavel tiña entón 16 anos.

Pavel Chekhov traballou tres anos de comerciante. Tornouse despois servente e contable. En 1857 tornouse dono dunha tenda, que comprou por un bon prezo mais nun momento inoportuno, xa que como consecuencia da perda da guerra de Crimea desmilitarizouse a rexión do Mar Negro, polo que os mariñeiros e militares que foran os principais clientes ata entón, deixaron a rexión.


Nunha carta de 1889 ao seu irmán Aleksandr, Anton Chekhov resume a súa infancia na seguinte frase, plena de ironía: "Fillo dun servo, ... servente de loxa, cantor na igrexa, estudante do liceo e da universidade, educado para a reverencia de superiores e para beixos de man, para se combar perante os pensamentos alleos, para a gratitude por calquera pequeno pedazo de pan, moitas veces sobado, indo á escola sen galochas".

O pai, marcado polo estigma dun ex-servo, educou os fillos de forma autocrática, habituándoos a obedecer. Deulles, non obstante, acceso á educación. Posibilitou que os fillos entrasen nun dos mellores liceos da cidade. Tiveron aulas de música e francés.

Anton foi acólito. Sen embargo, pouco lle ficou da inspiración relixiosa (que a propósito era moi marcada no pai, dirixente do coro da Igrexa). Como Anton dixo a este respecto: "o corazón está como que varrido".

Na escola, Chekhov non foi un bon alumno. Chegou a suspender. Un padre que lle deu aulas de relixión chamábao con menosprezo de "Cech" onte (cech significa servo). A mensaxe: ti non pasas de fillo de servo. Máis tarde, cando publicaba os primeiros contos en xornais, Chekhov usou o pseudónimo "Antosa Cechonte" con ironía.

A partir dos seus trece anos, ficou fascinado polo teatro da cidade, que dado o pouco diñeiro que tiña non frecuentaba tantas veces como quería. Como estaba prohibida a entrada a rapaces non acompañados de adultos e sen a autorización do liceo, chegou a "disfarzarse" de adulto, usando unha barba postiza.

[editar] Crise familiar nos anos despois de 1874

En 1874, Pavel, o pai de Anton, decide comprar unha casa maior, ao tempo alugou unha segunda loxa. O seu desexo de acensión social suplantou a súa prudencia económica. As suas débedas medraron e en breve ficou incapaz das pagar. En abril de 1877 estivo case a ser preso. Pavel fuxiu ilegalmente para Moscova, onde os fillos Aleksandr e Nikolaj estudaban. A esposa ficou para vender a casa e pagar as débedas. Despois xuntouse ao marido en Moscova. Anton (17 anos de idade) e Mikhail (16) ficaron en Taganrog, para acabar o liceu. Mikhail foi despois para Moscova, encanto que Anton ficou en Taganrog, onde deu aulas particulares para gañar diñeiro (o que el relatou despois nun conto). Pasou dous anos e meo, soziño en Taganrog. A mán escreveulle de Moscova: "vende a cómoda e as cousas, axiña, non nos deixes morrer de angústia!". As suas leituras nesta fase da súa vida eran Shakespeare, Cervantes, Victor Hugo, Ivan Turgeniev, Goncarov, Harriet Beecher-Stowe, Friedrich Spiellage e Leon Tolstoi. En 1876, tiña sido inaugurada a primeira biblioteca pública en Taganrog. As notas de Anton no liceu melloraron nos anos en que viveu soiño. O 27 de xuño de 1879 concluiu o liceu.

[editar] Moscova

En agosto de 1879, beneficiándose dun subsidio de 25 rublos mensuais da cidade de Taganrog, Anton Chekhov vai para Moscova, onde reatopa a familia. A familia atopase nunha situación financeira precaria. O pai está desempregado hai meses, a familia ten sempre dificuldades en pagar a a renda da casa e foi forzada a mudar de casa 12 veces entre 1876 e 1879. Meses despois da chegada de Anton, o pai atopa un emprego nos arredores de Moscova e para a súa felicidade élle dada a oportunidade de durmir no local de traballo, o que alivia a casa onde a familia vive, absolutamente a abarrotar. O pai ven a penas as fins de semana visitar a familia. Anton partilla durante os seus estudos, o seu cuarto de dormir cos irmáns Nicolai e Mikhail.

[editar] Produción literaria

En 1880, Chekhov envía un drama, escrito nos últimos tempos en Taganrog, co título "os sen-pai", tamén coñecido como o "Platonov" (nome da figura central) a unha famosa actriz de teatro en Moscova, Marija Ermolova, que o devolveu sen comentarios. Despois diso, Chekhov desistiu de tentar traer unha encenación do drama para o palco.

Anton Chekhov estudou medicina, tendose licenciado en maio de 1884. Xa mesmo durante os seus estudos (que duraron 4 anos e meio) publicou centenas de artigos en varios xornais e revistas das metrópoles rusas (Moscova e Son Petersburgo). El dependía desta fonte de receitas para se sustentar a si e a súa familia. Entre os xornais e revistas onde publicou atopanse o Budilnik, Strekoza, Zritel, Svet i teni, Svertcok ou o Sputnik. A partir de 1882 publicou tamén no Oskolski.

En marzo de 1888 sai publicado na revista Severnyi vestnik o seu romance A estepa.

En 1889, os síntomas da tuberculose agravaronse, facendoo máis pesimista sobre o seu estado de saúde. En xuño dese ano morre o seu irmán Nikolai, vítima de tifo e tuberculose, posibelmente infectado polo irmán. Anton Chekhov sentiu remorsos por non ter estado presente nos últimos dias de vida do irmán. En Xuño, o irmán Aleksandr chegou e rendeuno na vixilia ao irmán, tendo Anton decidido facer unha viaxe cos amigos ata Poltaba. Fuxiu da mesma morte que o esperaba, así o descreveu.

Despois de o enterro do irmán, ("a nosa familia viu un caixón pola primeira vez") decidiu iniciar unha viaxe sen rumo. Vive en viaxe permanente nos próximos meses. En xaneiro de 1890 escreve á familia que tenta viaxar ata á distante Sakhalín, a illa do desterro, no lonxano leste da Rusia. A familia fica estupefacta.

[editar] Viaxe a Sakhalín

Despois de meses de preparazón, Chekhov partiu en 21 de Abril de 1890 para a longa viaxe. Suvorin deulle un "avanzo" de 1500 rublos para a viaxe. O 11 de xullo de 1890 chega finalmente a Fort Aleksandrovsk, na Illa Sakhalín. Pasou dous meses no norte da illa e tres meses no sur da mesma. Quixo coñecer as xentes da illa, fixo case mesmo un levantamento das visitas que facia, escrevendo notas en preto de 10.000 cartóns individuais, un traballo exhaustivo. A illa Sakhalín era usada como zona de desterro, tal como moitos territorios na Siberia. A partir de 1860, o número de "criminais" (incluindo por "delitos" políticos) enviados para a Siberia era de preto de 20.000 por ano. Entre os desterrados incluise o amigo de Chekhov, Vladimir Korolenko, un escritor, que foi enviado para a Siberia pola policia, sen xulgamento. A 13 de Outubro parte para Vladivostok. Un més despois, chega á illa de Ceilán. O 1 de Novembro chega a Odesa. O 8 de Decembro está de regreso a Moscova. Trai dous mangostas na bagaxe.

[editar] Novamente en Moscova

En 1891, escribe O duelo, que se publica no "Novo tempo" de Suvorin, por capítulos. Neste libro, fluíron as impresións que Chekhov tivo das conversas que tivo cun zoólogo nas ferias de verán dese ano en Bojimovo, perto de Aleksin. Vladimir Vagner, recén-licenciado en zooloxía, e un defensor do social-Darwinismo, do dereito dos máis fortes, da selección social.

O verán de 1891 foi particularmente seco no leste da Rusia, contribuindo para unha onda de fame. Chekhov mobilizouse persoalmente para combater a catástrofe, contribuindo directamente cos honorarios do conto "A miña muller", participando nas campañas de recolla de fundos. En xaneiro de 1892, viaxou ata Niznij Novgorov, unha cidade afectada. Relatou as suas vivencias na imprensa, contribuindo para o debate sobre a catástrofe e a necesidade de reunir fundos para as víctimas.

[editar] A casa de Melikhovo

En 1892, Chekhov decidiu instalarse con parte da familia nunha quinta en Melikhovo, 60 kms a sur de Moscova. A idea xa era un soño desde a década de 1880, mais en 1892 Chekhov dispuña do diñeiro necesario, que resultaba en parte das primeiras encenacións. O aceso á quinta a partir de Moscova era razoable: unha hora e mea de viaxe en tren ata Lopasnja e unha hora de carroza a partir de ali.

A compra da quinta foi un mau negocio, gastou 13 000 rublos, máis do dobre do que pretendia gastar inicialmente. O anterior dono, un pintor, aproveitouse da ocasión. Chekhov pasa a ter agora unha casa, 60 cerdeiras e 80 macieiras e pode saborear aquilo que desexaba: a vida no campo. Tornouse un elemento benvido na comunidade dos labradores dos arredores, en especial por ser médico e practicar a profesión sen exixir pago.

Entre as moitas visitas na nova casa cóntase Lidija Mizinova con quen Chekhov tivo unha relación afectiva máis ou menos íntima e máis ou menos pasaxeira. Foi unha figura inspiradora de personaxes das suas obras.

No verán de 1892 Rusia sofre unha epidemia de cólera. Como no pasado, Chekhov mobilízase na recolleita de fondos ("mostreime un bon mendigo"), participa na construción de barracas para a corentena, traballou na administración local. Felizmente, non obstante, Melikhovo non foi afectada pola cólera.

En 1893 volta a surxir a cólera. Chekhov volta a mobilizarse, participando en campañas de información sanitaria e traballando como médico. Foi membro da cemstvo local.

En 1894 fai unha viaxe pola Europa occidental.

A partir de 1895 Chekhov comprou libros para oferecer á biblioteca da súa terra natal, Taganrog. Unha práctica que el manterá nos próximos anos. Mesmo en viaxe pola Europa lembrouse de comprar libros para a biblioteca da súa terra.

O seu envolvimento na comunidade local manténse moi activo nos anos seguintes. En 1894 tórnase membro da cemstvo de Serpuchov. En Decembro dese ano tornase curador dunha escola en Talez. En 1896 financia polos seus próprios meios a construcción dunha nova escola en Talez. En 1897 é a vez de financiar a construción da escola nunha aldea chamada Novoselki. Apoia tamén unha sociedade de beneficiencia que trata de pacientes que receberon alta dos hospitais. Aínda en 1897 tórnase tamén curador da escola da aldea de Cirkovskoje.

[editar] Desprezo polos Narodniks

En 1896 xurde a novela "A miña vida", en 1897 "Os labradores". Son obras que testemuñan a ruptura coas visións utópicas e románticas tan comuns nestes anos na Rusia: o ideal da vida no campo faille a algúns intelectuais rusos, os Narodniks, premonitores da revolución soviética, soñar cunha saída para todos os problemas: o regreso ao pasado, o regreso á agricultura. Chekhov, que vive el propio no campo e asiste á vida rural "in loco", ten acceso a unha perspectiva que a elite intelectual das cidades non adiviña: alcoolismo, ignorancia, brutalidade, maldade. Para Chekhov os homes do campo non son ningún modelo, ao contrario do que Leon Tolstoi poida pensar.

Esta visión, contraria aos ideais da maioria da "intelectualidade" rusa, espellada naquelas obras, tornará impopular a Chekhov. Mikhajlovski acusa Chekhov de falsificar a (gloriosa) vida dos camponeses debido á súa ignorancia.

[editar] Sucesos

Despois da produción con éxito de "A Gaivota" polo teatro de arte de Moscova, escribiu tres outras pezas para a mesma compañía: "O Tío Vania", "As tres irmás", e "O pomar de cereixas".

En 1901, casou con Olga Leonardovna Knipper (1870-1959), unha actriz que foi intérprete nas suas pezas.

A influencia do naturalismo no teatro que se facía sentir por toda a Europa atinxiu o seu expoente artístico na Rusia en 1898 coa formación do Teatro Artístico de Moscova (máis tarde chamado de Teatro da Academia das Artes de Moscova). O seu nome tornouse un sinónimo de Chekhov, cuxas pezas acerca da vida cotidiana da aristocracia posuidora de terras adquiriron un delicado realismo poético que estaba anos á frente do seu tempo. Konstantin Stanislavsky, o director do teatro, tornouse por ventura o máis importante teórico da arte de representar do século XX.

Chekhov visitou a Europa Occidental na compaña de A.S. Suvorin, un rico proprietario dun xornal e o editor de moitos dos traballos de Chekhov. A súa longa e íntima amistade foi motivo de algunha impopularidade para Chekhov, unha vez que o xornal de Suvorin, Novoye vremya (O novo tempo) era tido por moitos dos rusos como de carácter conservador e reaccionario. Chekhov acabou por cortar relacións con Suvorin por causa da posición do xornal en relación ao Caso Alfred Dreyfus en Francia, tendo Chekhov sido un defensor de Dreyfus.

Chekhov morreu víctima da tuberculose. Foi sepultado no cemiterio Novodevichy.

[editar] Obra

Os seus libros máis coñecidos son: Contos e narrativas, Un duelo, A sala número seis, Unha historia sen importancia. Escribiu para o teatro, primeiramente a farsa, despois o drama. Entre as suas pezas, destacanse: O tío Vania, As tres irmás, O canto do cisne, Un tráxico á forza, Ivanov, etc.

[editar] Citacións de terceiros sobre Chekhov

:"El é analítico máis subtil das relacións humanas. Cando lemos estas "Historias sobre case-nada", o noso horizonte esténdese e gañamos un espantoso sentido de liberdade".

Virxinia Woolf

[editar] Ligazóns externas

Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu