Arte románica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Estilo predominante en Europa nos séculos XI, XII e parte do XIII.
O románico supón o arte cristián, agrupando as diferentes opcións que se utilizaran na temperá Idade Media (romana, prerrománica, bizantina, xermánica e árabe) e conseguindo formular un linguaxe específico e coherente aplicado a tódalas manifestacións artísticas. Non foi produto dunha soa nacionalidade ou rexión senón que xurdiu de forma paulatina e case simultánea en Italia, Francia, Alemaña e España. En cada un destes países xurdiu con características propias, aínda que con suficiente unidade como para ser considerado o primeiro estilo internacional, cun ámbito europeo.
Dende o século VIII, unha serie de acontecementos históricos son os que posibilitarán a renovación e expansión da cultura europea: a suba ó trono de Francia dos Capetos, a consolidación e difusión do cristianismo, o inicio da Reconquista na Península Ibérica e, fundamentalmente, o nacemento das linguas románicas, son os fitos que marcan ese rexurdir. Así a todo, a arte non acadará unha formulación coherente ata que é superado o ano 1000, cando unha corrente de vitalidade e expansionismo, tanto económico como cultural, apoderase das sociedades occidentais, que van sufrir un importante crecemento demográfico, vesándose novas terras e abrindo antigas rutas de comercio, que posibilitasen os camiños de peregrinación. Toda Europa será invadida por unha auténtica febre construtiva; conseguírase formular unha arte capaz de representar a toda a Cristiandade: o Románico.
O termo románico, como concepto que define un estilo artístico, foi utilizado por primeira vez en 1820 por De Grebille, considerando con este termo toda a arte que se realiza anterior ó estilo gótico dende a caída do Imperio Romano; e por analoxía ó termo xa coñecido de linguas románicas, a arte románica sucedía á arte antiga tal e como as linguas románicas eran as sucesoras do latín. Posteriormente, a acepción de arte románica foise restrinxindo e pasou a designa-la arte desenvolvida en Occidente entre os séculos XI e XII, aínda que aínda hoxe seguen as controversias para determinar con exactitude a amplitude de espazo e tempo que abrangue este estilo.
Na definición desta primeira arte europea, é fundamental a reforma monacal realizada pola orde cluniacense, como resultado dunha revisión en profundidade das comunidades benedictinas. O mosteiro de Cluny, fundado no ano 930, convértese no gran centro difusor a reforma, atinxindo rapidamente unha gran expansión e conseguindo que a través dos seus mosteiros a arte románica se difundise por todo o mundo cristián europeo. Antes de que a orde de Cluny capitalizara e estendese esta arte románica, xa a había en Italia, na rexión de Como, e en España, en Cataluña (Lérida, Xirona e Barcelona) e Aragón (especialmente na provincia de Huesca), o que se denomina o primeiro románico. Os mestres de Como, cos seus aparellos de albanel, a súa estrutura de igrexa dunha nave e os súas populares bandas lombardas, así como os primeiros abovedamentos das igrexas catalás, sentaron bases sólidas para un rico desenvolvemento da arquitectura románica.

- Pedra escadrada pero non pulida
- Cabeceiras de semitambor adornadas con arcos e bandas ritmicamente dispostas
- Os templos cóbrense con bóvedas pétreas de canón e forno
- As naves son máis amplas e elevadas, ó menos en comparación con antigos edificios prerrománicos
- Empréganse os piares como sustentación
- Non hai figuración escultórica
A época dourada do estilo pola súa calidade e beleza (Románico pleno), esténdese na última metade do século XI e a primeira do XII, procedente de Francia e transmitido fundamentalmente en torno do Camiño de Santiago.
- Escultura en fachadas
- Portas
- Xanelas
- Canzorros
Durante a segunda metade do século XII e a primeira metade do século XIII, a medida que as solucións arquitectónicas afiánzanse e melloran, xorde o tardorrománico.