Artiodáctilo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os artiodáctilos (latin científico: Artiodactyla) constituen unha orde de animais mamíferos ungulados cun número par de dedos nas patas. É un grupo moi variado, con cerca de 220 especies descritas, que incluen moitos animais con grande importancia económica para o ser humano, como o boi, a cabra, o camelo, o hipopótamo e o porco, entre outros.
Hai especies nativas de artiodáctilos de todos os continentes, excepto da Australia e Antártida. A maioria vive en hábitats terrestres, incluindo sabanas, montañas e florestas, mais cun grupo semi-acuático, o dos hipopótamos. A maioria son herbívoros – e nesta orde se encontran os ruminantes, co seu aparello dixestivo especializado -, mais alguns son omnívoros, como o porco. Entre estes animais encóntranse alguns dos mamíferos máis rápidos.