Aviñón - Avignon
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aviñón (Avignon en francés e Avinhon ou Avingoun en occitano), é unha cidade de 88.300 habitantes situada no departamento de Vaucluse, sueste da actual Francia, na Occitania.
Converteuse na residencia dos papas entre 1309 e 1377 e permaneceu como propiedade papal ata 1791, cando foi incorporada a Francia durante a Revolución francesa.