Beijing - 北京
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pequín (北京; pinyin Beijing), nome que significa Capital do Norte, é a cidade capital da República Popular China. Durante séculos, foi a maior cidade do mundo. Hoxe ten preto de 10,3 millóns de habitantes. Sitúase no norte do país.
Pequín é famosa pola Cidade Prohibida, o palacio dos emperadores chineses desde o século XV. Foi capital do Imperio Chinés de 1421 a 1911. En 1912 a capital foi transferida para Nanquín e a cidade tomou o nome de Beiping ou Peiping (Paz do Norte). Ocupada polos xaponeses entre 1937 e 1945. Tornouse a capital da república en 1949 co nome actual.