Bieito XVI, Papa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Papa do Século XX ó Século XXI |
|
---|---|
|
|
Papas do Século XXI |
|
|
|
Papa do Século XXI ó Século XXII |
|
|
|
Antipapa/s |
|
|
Benedito XVI ou Bieito XVI (Joseph Ratzinger) (nado o 16 de abril de 1927). 265º Papa da Igrexa Católica e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 19 de abril de 2005. En 1981 Xoán Paulo II nomeouno prefecto da Congregación para a Doutrina da Fe, cardeal dende 1993, e en 2002 accedeu ao posto de Deán do Colexio de Cardeais. Un dos homes con máis influencia durante os últimos anos do papado de Xoán Paulo II.
Nado en Marktl am Inn (Baviera), fillo dun oficial de policia, ao se xubilar seu pai a familia instálase na cidade de Traunstein. En 1943 serve, obrigatoriamente, no servizo auxiliar alemán. En 1945 foi internado, brevemente, nun campo de prisioneiros de guerra, unha vez liberado entra no seminario. Ordenado o 29 de xuño de 1951 polo cardeal Michael von Faulhaber. Entre 1959 e 1963 foi profesor na Universidade de Bonn, para pasar posteriormente á Universidade de Münster. En 1966 asume a cátedra de teoloxía na Universidade de Tübingen, onde foi colega de Hans Küng. En 1969 regresa a Baviera, á Universidade de Regensburg.