Claudio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Esta páxina está referida ao emperador Claudio I; para ver otras persoalidades co nome "Claudio" ver Claudio (homónimos).
Tiberio Claudio Nerón Druso Xermánico (en latín Tiberius Claudius Nero Drusus Germanicus) foi un emperador e historiador romano.
Naceu en Lugdunum (actual Lyon, en Francia) o 1 de agosto do ano 10 a.C. Membro dunha poderosa gens romana (era neto de Marco Antonio e tío avó de Calígula) nunca foi prepararado para a política debido a súa invalidez (hoxe en día se cree que era debida a polio). Tralo asesinato de Calígula a mans da Garda Pretoriana, foi encontrado agochado no palacio imperial. Ante a ausencia dun aspirante mellor a Garda Pretoriana presentouno como novo emperador ante o Senado que non tivo máis remedio que aceptalo. O seu mandato lémbrase con benevolencia. O Imperio Romano estendeuse a Britania (actual Inglaterra) e Mauritania. Fundou Colonia Claudia Ara Agrippinensis (actual Colonia, Alemaña). Construíu o acueducto Claudiano e baixo o seu mandato a institución imperial asentouse, tomando máis poder e centralizando os asuntos de estado. Finou o 13 de outubro do 54 d.C. parece que foi envelenado pola súa muller Agripina a menor.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Calígula |
Claudio (41-54) |
Precede a: Nerón |
Dinastía Xulio-Claudia |