CD (informática)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Disco compacto ou do inglés Compact disc (CD), é un soporte dixital óptico para todo tipo de datos (audio, vídeo, documentos,etc). Creado en 1980 por Sony e Philips, e comercializado xa en 1982. Hoxe en día tecnoloxías como o DVD poden desprazar ou minimizar esta forma de almacenamento. O DVD tamén é un almacenamento óptico, utiliza o láser como ferramenta fundamental á hora de ler e gravar.
Nun CD a información almacénase en formato dixital, é dicir, utiliza un sistema binario para gardar os datos.
[editar] Características
- Fins: Gravación de audio, vídeos, imaxes, textos, datos, etc.
- Capacidade: orixinalmente 650 Mb, para 74 minutos de audio.
- Forma: circular, cun orificio no centro.
- Diámetro: orixinalmente 12 cm e 1,2 mm.
- Material: policarbonato plástico e cunha capa de aluminio.
- RPM: 9000.
- Vida útil: entre 2 anos e máis de 8 anos (en condicións especiais de humidade e temperatura, uns 217 anos).
- Formato de audio: CD audio.
- Formato de vídeo: Video CD (VCD) ou Super Video CD (SVCD])).
- Segundo o disco compacto:
- De só lectura do inglés, CD-ROM (Compact Disk - Read Only Memory).
- Gravable: do inglés, CD-R (Compact Disk - Recordable).
- Reescribible ou regravable: do inglés CD-RW (Compact Disk - Rewritable).
Un CD de audio reprodúcese a unha velocidade tal que son lidos 150 Kb por segundo. Esta velocidade base úsase como referencia para identificar outros lectores como os de ordenadores, de modo que se un lector ven indicado como 24x, significa que le 24x150=3600 Kb por segundo.
[editar] Capacidade
Segundo o tipo de CD, actualmente hai diferentes configuracións:
- Diámetro: 8 cm - 215 Mb ou 21 minutos de audio.
- Diámetro: 12 cm - 700 Mb ou 80 minutos de audio.
- Diámetro: 12 cm - 800 Mb ou 90 minutos de audio.
- Diámetro: 12 cm - 875 Mb ou 100 minutos de audio.