Cegoña negra
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cegoña negra | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Ciconia nigra | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A Cegoña negra, Ciconia nigra, é unha especie monotípica, e considérase como o taxón máis primitivo do xénero Ciconia (del Hoyo et al. 1992). Algo menor que a familiar Cegoña branca, ten unha altura de 90-100 cm., e unha envergadura que sobrepasa os 160 cm. O peso aproximado é de 3 kg. O adulto presenta unha plumaxe negra pola súa parte dorsal: pescozo, cola e peito, con irisacións “metálicas” verdes e moradas, moi patente na cabeza, o pescozo, o dorso y as cobertoras alares. As partes inferiores teñnen plumas brancas: zona axilar, zona ventral, coxas e infracobertoras caudais, que son extraordinariamente longas.
Nos adultos, a carúncula (o "anel" arredor do ollo), pico e patas, ausentes de plumas, presentan unha cor vermella intensa que produce unha marcada contraste coa cor branca e negra da plumaxe. O iris é marrón.
Non existe dimorfismo acusado entre macho e femia. O macho presenta un tamaño algo maior, e a estructura do pico nalgunhas exemplares pode chegar a ser moi patente, cun pico máis robusto e algo curvo respecto á femia.
Os xoves cando abandoan o ñido diferéncianse dos adultos porque a carúncula, patas y pico non teñen color vermella, e a plumaxe dorsal, a da cabeza e o pescozo non é negro. A color da carúncula é marrón ou parda grisácea, a pico e patas, varía entre branca grisácea a verde oliva ou amarelo. As prumas da cabeza, pescozo e peito son de color marrón, coas puntas brancas, o que lle confire un aspecto mouteado. O resto da plumaxe do dorso é tamén de tonalidades marróns escuras, o que fai que no campo os xoves teñan dorsalmente un aspecto marrón achocolatado.