Coeficiente de Reynolds
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O coeficiente, número ou módulo de Reynolds (abrebiado como Re) é un número adimensional usado en mecánica de fluidos. O seu nome provén de Osborne Reynolds, un físico e enxeñeiro irlandés. O seu significado físico é un cociente de forzas: forzas de inercia(vρ) entre forzas de viscosidade(μ/D). Exprésase como
Onde:
- v - velocidade media do fluido
- D - lonxitude característica do fluxo, o diámetro para o fluxo en tubería
- μ - viscosidade dinámica do fluido
- ρ - densidade do fluido
A grande importancia do número de Reynolds é que permite avaliar a estabilidade do fluxo e polo tanto, indicar se flúe en réxime laminar ou réxime turbulento. Para o importante caso técnico do fluxo nunha tubería cilíndrica, admítense polo xeral os valores de 2100 e 10000 como fronteiras. Así, por debaixo de 2100 o réxime será laminar e por enriba de 10000 o réxime será turbulento. Entre estes dous valores o fluxo é de transición e pode pasar de laminar a turbulento.