Conferencia de Yalta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Conferencia de Yalta, ás veces chamada Conferencia de Crimea ou co nome en clave de Conferencia dos Argonautas, foi o encontro en tempo de guerra entre o 4 e o 11 de febreiro de 1945 mantido polos xefes de goberno dos Estados Unidos, o Reino Unido, e a Unión Soviética — Franklin D. Roosevelt, Winston Churchill, e Joseph Stalin, respectivamente.
Índice |
[editar] Aspectos xerais
[editar] O encontro
A Conferencia tivo lugar en Yalta, un pobo de descanso na península de Crimea, na RSS de Ucraína. A delegación americana foi hospedada no antigo palacio dos zares, mentres que Roosevelt estivo no Palacio Livadia onde tiveron lugar os encontros. A delegación británica foi instalada no castelo do Príncipe Vorontsov de Alupka. Os membros importantes das delegacións foron Edward Stettinius, Averell Harriman, Anthony Eden, Alexander Cadogan, e Vyacheslav Molotov. Segundo Anthony Beevor, tódalas habitacións foron telefónicamente intervidas polo NKVD. Stalin chegou por tren o 4 de febreiro. A reunión comezou cunha cea oficial aquela tarde.
[editar] Puntos importantes
Os puntos claves da reunión foron os seguintes:
- Houbo un acordo de que a prioridade debería ser a rendición incondicional da Alemaña nazi. Trala guerra, Alemaña debería ser dividida en catro zonas de ocupación, así como unha ocupación catripartita de Berlín.
- Stalin mostrouse de acordo en deixar a Francia a cuarta zona de ocupación en Alemaña e Austria, establecida aparte das zonas británica e americana. Francia tamén tería un posto garantizado no Consello de Control Aliado.
- Alemaña debería ser demilitarizada e desnazificada.
- As reparacións de Alemaña deberían ter lugar parcialmente en forma de traballos forzados.
- Creación dunconsello de reparación aliado con sé en Moscova.
- O estatus de Polonia foi discutido, pero foi complicado polo feito de que Polonia estaba naquel momento baixo o control do Exército Vermello. Foi acordado reorganizar o Goberno Provisional Polaco que fora establecido polo Exército Vermello a través da inclusión doutros grupos como o Goberno Provisional Polaco de Unidade Nacional e de ter eleccións democráticas. Isto efectivamente excluiu ó lexítimo goberno polaco no exilio que fora evacuado en 1939.
- A fronteira do leste de Polonia seguiría a Liña Curzon, e Polonia recibiría compensacións substanciais territoriais ó oeste por parte de Alemaña.
- Os cidadáns da Unión Soviética e de Iugoslavia deberían ser devoltos ós seus respectivos países, sen importar o seu consentimento.
- Roosevelt obtivo o compromiso de Stalin de participar nas Nacións Unidas unha vez foi acordado que cada un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade tería poder de veto.
- Stalin acordou entrar na loita contra o Imperio do Xapón despois de 90 días trala derrota de Alemaña. A Unión Soviética recibiría a parte sur de Sakhalin e as Illas Kurile trala derrota do Xapón.
- Millóns de soviéticos esparcidos por Europa foron forzados a voltar á URSS.
- Un "Commité de Desmembramento de Alemaña" foi creado. O seu propósito foi decidir si Alemaña tería que ser dividida en varias nacións, e se así fose, que fronteiras e relacións terían que ter os novos estados alemáns.
[editar] Os obxectivos de Roosevelt e de Stalin
Yalta foi a derradeira gran conferencia anterior ó fin da guerra e o último viaxe que fixo Roosevelt ó estranxeiro. Para os observadores apareceu enseguida enfermo e canso. Razoadamente, o seu tanto máis importante foi asegurarse a participación da Unión Soviética nas Nacións Unidas, que conseguiu co prezo de garantizar o poder de veto a cada membro permanente do seu Consello de Seguridade. Outro dos seus obxectivos era levar á Unión Soviética á loita contra o Xapón, xa que a efectividade da bomba atómica estaba aínda sen probar. O Exército Vermello expulsara á maioría das forzas nazis do leste de Europa, polo que Stalin acadou os seus obxectivos: unha significativa esfera de influenza como zona intermediaria. Neste proceso, a liberdade de pequenos estados foi sacrificada por motivos de estabilidade, o que significou que os países bálticos de Letonia, Lituania e Estonia continuarían sendo membros da URSS.
[editar] Véxase tamén
[editar] Referencias
[editar] Bibliografía
- Best, Geoffrey. Churchill: A Study in Greatness. London: Hambledon and London, 2001.
- Clemens, Diane S. "Yalta Conference." World Book. 2006 ed. vol. 21. 2006, 549.
- "Cold War: Teheran Declaration.". CNN. 1998. 26 March 2006.
- Meacham, John. Franklin and Winston: An Intimate Portrait of an Epic Friendship. New York: Random House Inc., 2003.
- O’Neil, William L. World War II: a Student Companion. New York: Oxford UP, 1999.
- Perisco, Joseph E. Roosevelt’s Secret War. New York: Random House, 2001.
- “Portraits of Presidents: Franklin D. Roosevelt.” School Arts Magazine February 1999: 37. Student Research Center. EBSCO Host. Philadelphia. 2 Apr. 2006. Keyword: FDR.
- Snyder, Louis L. World War II. New York: Grolier Company, 1981.
- Sulzberger, C L. American Heritage New History of World War II. Ed. Stephen E. Ambrose. New York: Viking Penguin, 1998.
- Waring, J. G. A student's experience of Yalta
- “Yalta Conference.” Funk and Wagnalls New Encyclopedia. World Almanac Education Group, 2003. SIRS DISCOVER. Philadelphia. 2 April 2006. Keyword: Yalta Conference.
[editar] Ligazóns externas
Acontecementos principais (1945–1978) | Acontecementos principais (1979–1991) | Participantes directos | Outras figuras importantes |
---|---|---|---|
Cronoloxía:
Anos 40:
Anos 50:
Anos 60:
1970s:
|
Anos 70 (segue):
Anos 80:
Anos 90:
Outros artigos:
Conflictos contemporáneos:
|
Líderes políticos:
|
Líderes políticos:
|