A Pobra do Brollón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
![](../../../upload/shared/thumb/4/4c/Emblem-important.svg/15px-Emblem-important.svg.png)
A Pobra do Brollón | |
---|---|
![]() |
|
Situación | |
Xentilicio 1: | Pobrense |
XeografÃa | |
Provincia: | Provincia de Lugo |
Comarca: | Terra de Lemos |
Ãrea: | 175 km² |
Entidades de poboación: | 118 |
Capital do concello: | A Pobra do Brollón |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | 1.164 m. |
Altitude mÃnima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
DemografÃa (2003) | |
Poboación: | 2482 hab. |
Densidade: | 14,18 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ãs veces: | % |
Nunca: | % |
PolÃtica (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 8 (1279 votos 70,86 %) BNG 1 (190 votos 10,53 %) PSdeG-PSOE 2 (319 votos 10,53 %) Outros: - (- %) |
Alcalde: | David López Goyanes (PP) |
Eleccións municipais en: 'A Pobra do Brollón' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo fÃsico: | Avda. Xosé Antón, 50 |
Teléfono: | 982 43 00 01 - 982 43 03 11 |
Fax: | 982 43 03 61 |
Código Postal: | 27330 |
Correo electrónico: | cpobrab@teleline.es |
Sitio web oficial: | http://www.diputacionlugo.org |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia de Lugo en Galicia. Pertence á Comarca da Terra de Lemos e o partido xudicial de Monforte de Lemos. Linda co concello de O Incio ó norte, cos concellos de Quiroga e Ribas de Sil ó sur, cos concellos de Samos, Quiroga e Folgoso do Courel ó leste e cos concellos de Monforte de Lemos e Bóveda ó oeste.
Poboación en 2003: 2.482 persoas segundo o Padrón municipal de habitantes.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Pobrense
Ãndice[agochar] |
[editar] Medio Natural
O municipio de A Pobra do Brollón se encontra situado entre a depresión de Lemos e a Serra do Courel; ósea, forma parte da Galiza agreste e montañosa. Dende o punto de vista fÃsico, este termo se singulariza pola súa topografÃa montañosa, de fortes elevacións que van descendendo de Leste a Oeste. As principais unidades de releve son dúas: a depresión de Lemos, no sector occidental, e a Serra do Courel, no oriental. O Macizo do Courel está formado por unha serie de serras con perfiles sinuosos que, ó descender cara ás terras planas da depresión, actúan a modo de cerre. Unha de estas serras é a Serra de Trapa, as máximas altitudes da cal superan os 1.200 metros e se sitúan ó Noroeste, formando un prominente nó montañoso nó que teñen o seu nacemento numerosas correntes fluviais. As terras da depresión ocupan a menor proporción do municipio e, ó pertencer á zona de borde, non é a planitude unha das súas caracterÃsticas, xa que corresponden ás terras situadas ó pe de monte das Serras Orientais. O paso de unha unidade a outra se realiza de forma progresiva, aÃnda que en un espacio reducido. Respecto ós chans, volven a facerse patentes as diferencias froito das dúas unidades morfolóxicas distintas: os da parte oriental son podsólicos e, os da occidental, seudogley. A rede hidrográfica se encontra situada dentro da conca do rÃo Cabe, que drena a parte occidental do municipio en dirección NE-SO. O clima, na zona occidental, é oceánico - continental, e cara ó Leste, oceánico de montaña, froito de unha maior altitude. Na parte occidental, as temperaturas son suaves, con invernos frÃos, abundantes xeadas, e veráns calorosos. Al área situada dentro do dominio climático da montaña ten unhas temperaturas medias en torno ós 11ºC, con amplas amplitudes que van dos 12º ós 15º. Polo que se refire ás precipitacións tamén varÃan segundo correspondan ó sector oriental (1.500 mm./anuais) ou ó occidental (1.000 mm./anuais). Os meses de máximos pluviométricos son os que van de novembro a marzo e, os mÃnimos corresponden a xullo e agosto (25 mm.). A vexetación se compón de especies como: o pino, o castaño, o carballo e o chopo, mentres que a de tipo arbustivo está representada polol toxo, a silva e a xesta, entre outras.
- Superficie: 174,8km2
- Montes: Alto da Neveira (1.142 m.); Alto da Serra (1.137 m.); Pena MarÃa (974 m.); Moncai (531 m.); Covallo (564 m.); Serrón de GuntÃn (451 m.); Carboeiro (753 m.); Mioteira (871 m.); Home Grande (824 m.); Chao das Lamas (772 m.); Os Campos (688 m.); Colmeas (688 m.); Carriezo (667 m.); Alto da Louseira (922 m.); Chao das Lagas (1.060 m.); Alto da Veneira (1.164 m.); Alto da Chá (1.021 m.); Cerro da Pereira (647 m.); A Salgueiriña (721 m.); Augalevada (879 m.).
- RÃos: Cabe, Lor, Saa, Lebrón, RubÃn, Loureiro-Mazo.
- Arroios: As Lamelas; Forgas; A Barca; Arquillido; A Silvela; Picarrexo; Trasmonte.
- Precipitacións: 1.250mm anuais.
- Temperatura media anual: 12ºC.
[editar] DemografÃa
A poboación do municipio presenta as tÃpicas caracterÃsticas da Galiza rural, trátase de unha poboación regresiva, con saldo natural negativo e cunha estrutura por idades moi envellecida. Sobre o espazo considerable se asenta unha escasa poboación con hábitat disperso en 22 parroquias e 118 entidades de poboación. O poboamento caracterÃzase pola súa dispersión (0'67 entidades/Km2), aÃnda que en menor grao có resto de Galiza (1'1), debido á topografÃa montañosa que limita as zonas aptas para o asentamento humano. A maior parte dos enclaves humanos se levantan no sector occidental, mentres que o oriental está practicamente despoboado, froito do seu carácter montañoso.
Dende principios de século, a poboación total do concello non cesou na súa regresión (en 1900 tiña 7.992 habitantes e en 1998, 2.753); unha pérdida achacable, na súa maior parte, ós efectos da emigración. O resultado de todo iso é unha pirámide de poboación con base moi estreita e ensanchada nos seus brazos superiores: a estrutura por idades mostra unhs trazos de envellecemento alarmantes, porque non chega ó 10% o grupo dos rapaces (menores de 15 anos), mentres que os vellos (maiores de 64 anos) sobrepasan o 30% e os "moi vellos" (maiores de 74 anos) superan o 16%.
[editar] EtnografÃa
A tradición recolle que a famosa MarÃa Castaña, que encabezou as revoltas contra o bispo de Lugo, alá no século XIV, era natural de Cereixa, unha das parroquias do municipio. Relacionado col pasado medieval de este municipio se fala do "pino centenario" -representado no escudo municipal-, situado no lugar onde se reunÃan os veciños en asemblea. Recórdase que, igual que gran parte da zona, A Pobra do Brollón estivo baixo a xurisdicción da casa de Lemos, fronte á cal os veciños protagonizaron unha revolta -a dos guÃmaros (alá polo século XVI)- que lles fixo famosos. Parece ser que o Conde de Lemos esixiu ós seus vasallos o pago de un inxusto tributo, polo cal os veciños se reuniron a deliberar baixo un fermoso pino en un lugar coñecido como A Pobra do Brollón. De aquela reunión saÃron todos coa determinación de levantarse en armas contra o conde e non ceder mentres o pino non se secase. Pero os homes do conde, mellor armados e máis poderosos, puideron vencelos sen moita dificultade. Trala derrota, os campesiños se xuntaron de novo baixo a sombra do pino centenario, decidindo non pagar o tributo mentres non lles fora recollido nas súas propias casas e sen necesidade de abrir a porta, sino pasando a moeda por debaixo da porta. É por este motivo, polo que dende entonces os habitantes do condado de Lemos recibiron o apelativo de "guÃmaros", que significa temeroso.
[editar] Historia
O inexorable paso do tempo deixou a súa imprenta en estas terras a tenor dos castros existentes e dos restos da cultura romana que aÃnda se manteñen. A antiga xurisdicción de A Pobra do Brollón comprendÃa os cotos de Cereixa, Froxende, Parada dos Montes, Pol de Lemos, Valverde, A RaÃña, Salcedo e Vales, ademais das terras pertencentes ó coto do mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte. A actual capital municipal gozou de foros particulares, outorgados polos reis Sancho O Bravo e Fernando O Emperador. Tamén, ó igual que gran parte da zona, A Pobra do Brollón estivo baixo a xurisdicción da casa de Lemos, fronte á cal os veciños protagonizaron unha revolta: a dos GuÃmaros, ó negarse a pagar un tributo. Conta Amor Meilán que, o Conde ó ter coñecemento de tal actitude intentou sometelos coas armas e, os campesiños non tardaron en ser sometidos ó xugo económico do conde de Lemos, aÃnda que novamente volveron reunirse baixo o pino e acordaron manterse na súa decisión de non satisfacer o tributo, a non ser que lles fora recollido nas súas casas sen necesidade de abrir a porta, tan só tirando a moeda por debaixo da porta. Dende entonces ás xentes do condado de Lemos se lles coñece como guÃmaros, é dicir, rudos, valentes e desconfiados. Durante moito tempo, e para conmemorar estes episodios, os veciños de A Pobra se reunÃan a madrugada de tódolos domingos nas inmediacións onde tivera lugar o levantamento de finais do século XIV ou principios do XV, coa fin de tomar acordos que afectasen ós intereses do municipio. Finalmente mencionar que, durante a última guerra carlista houbo en estas terras varios incidentes.
Vestixios arqueolóxicos:
- Castro de Santa MarÃa (Castrosante);
- Castro de Alende (Cereixa);
- Castro de Lamaigrexa (Lamaigrexa);
- Castro de Xunqueiro (Óutara);
- Castro de Montecelo (Fornelas);
- A Roda do Castro (Abrence);
- A Roda do Castro (Salcedo);
- O Castro (Piño).
[editar] Patrimonio artÃstico
Do patrimonio artÃstico municipal ten gran interese tanto a arquitectura relixiosa como a civil; da primeira abundan igrexas e capelas como o templo de Lamaigrexa de 1788 que pose unha torre de tres corpos no frontal e no interior un retablo maior neoclásico, outros dous neoclásicos e rococó respectivamente do século XVIII, un púlpito policromado, pila bautismal e dúas pilas de auga bendita. A igrexa de Óutara ten un retablo maior popular de tipo renacentista e unha imaxe de Santa MarÃa do s.XV. A igrexa de Parada dos Montes é de finais do s.XIX pero conserva un retablo neoclásico procedente do convento das Clarisas de Monforte. O templo de Pinel pose un retablo maior de estÃpites con tallas de interese e finalmente a igrexa parroquial de Veiga é de orixe románico e se estructura cunha nave rectangular e unha ábsida de tramo rectangular e cabeceira semicircular con bóvedas de cañó e cuarto de laranxa. No apartado de arquitectura civil destacaremos unha caracterÃstica especÃfica de pobos como Parada dos Montes onde os tellados das casas están unidos e superpostos para poder circular os dÃas de nevadas intensas e protexerse asà mellor da intemperie ou dos ataques de lobos. A arquitectura popular ten o seu principal expoñente nos muÃños. Con respecto ós pazos e casas grandes sinalaremos as blasonadas: Casa de DÃaz (Ferreiros) e Casa de Fontela (A Pobra) ambas con sendas pedras de armas. Casa grande da Ferreirúa, hoxe colexio da parroquia. Asà mesmo, tamén é digna de mención a Ponte (Barxa de Lor), que a tradición quere de orixe romano aÃnda que o actual é do século XVI.
- Igrexas: Abrence, Barxa de Lor, Canedo, Castroncelos, Castrosante, Cereixa, Eixón, Ferreiros, A Ferreirúa, Fornelas, Lamaigrexa (ano 1788), Liñares, Óutara, Pacios de Veiga, Parada dos Montes (año 1895), Pinel, Piño, A Pobra do Brollón, Santalla de Rei, Saa, Salcedo, Veiga, Vilachá.
- Capelas: Piñeiros (Castroncelos); Nogueiras (Cereixa); Santiorxo (Liñares); Biduedo e FerreirÃa (Óutara); Ferreira, RÃo dos Bois (Parada dos Montes) e Corral de Gándaras (Piño).
- Pazos e casas: Casa de Barredo (Canedo); Casa do Mesón (Castroncelos); Casa de DÃaz (Ferreiros); Casa Grande de Marcón (A Ferreirúa); Casa da Torre (A Ferreirúa); Casa de Fontela (A Pobra); Casa do Castro de Lama (Barxa); Casa da Marquesa (Barxa); Casa Grande de A Ferreirúa.
[editar] SocioeconomÃa
O sistema económico da Pobra do Brollón fundaméntase no sector primario, que se complementa cun terciario pouco especializado. Entre ambos os dous ocupan ó 90% da poboación activa. No primeiro caso, é a ganderÃa a dedicación principal, debido ás caracterÃsticas medioambientais do termo municipal; asÃ, os pastos de altura permiten a dedicación a un gando de orientación cárnica, de elevada calidade. En liñas xenerais, podemos falar de un municipio de pequenos propietarios, onde o número de explotacións agrarias por Km², é de 6’3. As explotacións son de tipo minifundista, onde a simbiose entre agricultura e ganderÃa é unha realidade. A agricultura ten unha gama de cultivos reducida: patacas, millo e centeo (en retroceso), xunto á explotación autárquica de árbores froiteiras (castaña). Encontrámonos ante unha agricultura enfocada á manutención da cabana gandeira, que é a que reporta un maior beneficio lÃquido ó agricultor, ben sexa pola venda de animais, ou pola comercialización do leite. O censo gandeiro do ano 1970 daba xa un claro predominio á cabana bovina sobre a porcina e a ovina. O aproveitamento forestal é outro dos recursos da zona, ademais do cultivo da vide en Vilachá, subzona de Amandi. O nivel de industrialización é practicamente nulo, e soamente existen actividades relacionadas coa producción de bens no plano artesanal e autónomo. Nos últimos anos, o sector téxtil foi un dos que máis iniciativas empresariais viu nacer ó amparo das subvencións comunitarias para a creación de pequenas e medianas empresas. O sector terciario, escaso, se encontra centrado na capital municipal. Funcionalmente, este municipio depende de Monforte -centro organizador do sur lucense- tanto para servicios públicos como privados. Esta particularidade explicarÃa a ruralidade patente do municipio, pois ningún núcleo pode considerarse urbano.
Feiras e mercados:
- Feira na Pobra do Brollón (os dÃas 11 e 25 de cada mes)
- Feira da Estación (o dÃa 2 de cada mes)
- Feira do Viño en Vilachá (o 1 de Maio)
- Feira da ArtesanÃa (18 de Xuño)
[editar] Turismo e Lecer
Unha das maiores riquezas do municipio son os seus espacios naturáis: o val do Cabe e do Lor, constitúen privilexiadas paraxes que invitan a ser percorridos. Outra das paraxes que merece ser visitada é a ribeira do Sil (Vilachá), onde se encontra un conxunto de adegas tradicionais. Neste caso, ás curiosidades etnográficas se lle une a posibilidade de degustar o viño da zona. Xa lindando coa Serra do Courel, encóntrase Parada dos Montes, núcleo cheo de curiosidades: os tellados das construcións están unidos ou superpostos para poder circular os dÃas de inverno cando as nevadas illaban o lugar, e para protexelo dos ataques dos lobos. Unha vez máis, a arquitectura tradicional se adapta ó medio fÃsico.
[editar] Rutas e visitas
- Camiño de Santiago, Ruta Sur: Proveniente de terras leonesas, a denominada Ruta Sur se interna na Comunidade Galega por Montefurado e seguindo o leito do rÃo Sil nos acercará a terras de Quiroga e, posteriormente, ás de A Pobra do Brollón.
- Ruta do Embalse de Sto. Estevo: Con saÃda no embarcadoiro de Ponte do Sil, o catamarán “PelegrÃn 3†nos levará polos belos paraxes naturais do Sil.
- Ruta dos Catro Cabaleiros: SaÃndo de A Pobra en dirección a Pousa, onde tomamos un sendeiro que cruza o rÃo Saa. Posteriormente, ascenderemos por un cortafogos cara á “Pena dos Catro Cabaleirosâ€, dende onde se poden contemplar magnÃficas vistas da Serra de O Courel. O regreso o faremos por pistas forestais que cruzan as aldeas de O Busto, Veneira de Roques e Lourente, para retornar a Pousa tras atravesar unha ponte.
- Ruta do Lor: SaÃndo de A Pobra en dirección a Salcedo se inicia a ruta por unha pista forestal que nos conducirá ata Paramedela, onde se encontra O Cercado de Aclimatación da Xunta de Galicia, o cal poderemos observar dende o miradoiro Dos Pasos. Continúa a ruta ó lado de un refuxio para pescadores, onde cruzamos o rÃo, para proseguir por un sendeiro ben sinalizado que recorre a ribeira do Lor entre bosques de carballos, castaños, salgueiros e bidueiros. O sendeiro continúa ata Labrada pasando por Barxa de Lor, onde unha ponte do século XVI une as dúas ribeiras e polo tanto os municipios de A Pobra do Brollón e Quiroga.
- Ruta dos castros:Visita ós castros de Santa MarÃa (Castrosante), Alende (Cereixa), Lamaigrexa e Óutara.
- Ruta das casas señoriais: Visita ás casas señoriais de Fontela (A Pobra do Brollón) e Marcón (A Ferreirúa). Exemplos tÃpicos da arquitectura civil da zona.
- Ruta das igrexas: Visita ás igrexas de Ferreiros, Veiga e A Pobra do Brollón. Exemplos de románico rural.
- Ruta dos muÃños: Comezando en Pobra do Brollón, onde xa hai dous muÃños, a ruta continúa por A Pousa (Saa), cruzando o rÃo Saa se halla o muÃño de Marcos, e indo cara As Forgas aparece o muÃño de Lebrón, despois está o muÃño de A Teixeira, logo os de Forgas de Abaixo e Forgas de Arriba en uns paraxes naturais de gran beleza.
[editar] Lugares da Pobra do Brollón
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Pobra do Brollón vexa: Lugares da Pobra do Brollón.
[editar] Parroquias
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||