Edmund Hillary
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sir Edmund Percival Hillary (Auckland, Nova Zelanda, 20 de xullo de 1919) é un alpinista e explorador neozelandés, famoso por ser o primeiro que completou con éxito unha ascensión ó Everest. Alcanzou o cumio situado a uns 8.850 metros no 29 de maio de 1953 acompañado do sherpa Tenzing Norgay. É o único neozelandés vivo que aparece nun billete de banco.
Nado ó sur de Auckland, Hillary acudiu a unha escola que se atopaba a duas horas de camiño. O xoven Hillary solía pasar estas horas de camiño lendo. Medrou sendo un neno tímido que buscou refuxio nos libros. Aos 16 años espertou o seu interese pola escalada tras unha excursión escolar a Ruapehu.
Durante a Segunda Guerra Mundial foi membro da aviación neozelandesa. Formou parte dunha expedición ao Everest en 1951 que resultou un fracaso antes de unirse en 1953 á exitosa expedición británica. Escalou outros 10 picos no Himalaia en posteriores visitas en 1956, 1960, 1961, 1963 e 1965. Tamén alcanzou o Polo Sur formando parte da Expedición transártica da Commonwealth o 4 de xaneiro de 1958.
Hillary perdeu á sua esposa Louise e á sua filla Belinda nun accidente de aviación acontecido en Nepal. Mais tarde casou con June Mulgrew. O seu fillo Peter Hillary é tamén un aventureiro e ten escalado o Everest duas veces.
Ven dedicando gran parte da sua vida en axudar ao pobo Sherpa do Nepal a través dunha fundación á que dedicou as suas enerxías. Grazas a esta fundación téñense construido escolas e hospitais nas remotas rexiones do Himalaia. Durante a década dos 80 foi o Alto Comisionado de Nova Zelanda para a [India]], equivalente ó cargo de embaixador.
Con ocasión da celebración do 50 aniversario da primeira ascensión ao Everest, o goberno do Nepal nomeou ciudadán de honor a Edmund Hillary e lle concedeu unha celebración especial que se celebrou en Catmandú. Hillary é o primer estranxeiro que recibe un honor deste tipo do pobo nepalí.