Enxeñaría de telecomunicación
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Enxeñaría de Telecomunicación é unha rama da enxeñaría, que usa a electrónica para resolver problemas de deseño electrónico, interconexión de redes, e transmisión de sinais.
O término telecomunicación refírese á comunicación a distancia. Isto inclúe moitas tecnoloxías, como radio, telegrafía, televisión, teléfono, comunicacións de datos e redes informáticas.
A definición dada pola ITU (International Telecommunication Union) para Telecomunicación é toda emisión, transmisión e recepción de signos, sinais, escritos e imaxes, sons e informacións de calquer natureza, por fío, radioelectricidade, medios ópticos ou outros sistemas electromagnéticos.
Índice |
[editar] Áreas do coñecemento
Os elementos dun sistema de telecomunicación son un emisor, un medio e un receptor. O emisor é un dispositivo que transforma ou codifica a mensaxe nun fenómeno físico; o sinal. O medio de transmisión, pola súa natureza física, tende a modificar ou degrada-lo sinal no seu traxecto dende o emisor ó receptor. O receptor pode requerir un mecanismo de decodificación para recupera-la mensaxe a partir do sinal recibido. Este mecanismo pode ser deseñado para tolerar unha degradación significativa do sinal. Nalgúns casos o "receptor" é o ollo ou o oído humano (ou outro órgano sensorial) e a recuperación do sinal realízaa o cerebro
A telecomunicación pode ser punto a punto, punto a multipunto ou broadcast (difundida), que é unha forma particular do punto a multipunto que vai somente dende o transmisor ós receptores.
[editar] Campos de acción

Uns dos papeis do enxeñario de telecomunicación en canto o deseño de novos sistemas de comunicacións é analiza-las propiedades físicas do medio de transmisión, e as propiedades estatísticas da mensaxe para deseña-los mecanismos de codificación e decodificación máis efectivos. A outra, e que máis profesionais ocupan hoxe en día, son as redes dixitais e analóxicas ó longo do planeta ( océanos incluídos ) onde existan persoas que precisen comunicarse. O traballo de Juan Rodríguez é deseñar, instalar, operar e manter redes de difusión de Radio e Televisión, Redes Telefónicas fixas ( pares y coaxiales de cobre ), Celulares ( celdas de radio ) e Globais mediante teléfonos satelitais, redes de comunicación de datos privadas e públicas. Utilizando tódolos medios dispoñibles, cobre, fibra óptica, radios e satélites, logrando redes escalables e racionalizando as inversións de infraestructura. Nos tres últimos anos, as redes que máis creceron en capilaridade y capacidade de transporte son as redes de telefonía celular e de transporte de Internet, que empregan tódalas tecnoloxías antes citadas. Creando unha revolución nas comunicacións entre persoas e institucións como xamás desfrutara a humanidade, permitindo unha globalización e democratización da cultura, tal como é Galipedia. Outro aspeto das telecomunicacións é a progresiva informatización da actividade humana, facendo posible o crecemento das demáis ramas do saber e actividade humanas. Se ben aínda temos casos onde moitos países non poden solventarse redes de comunicacións e outros onde exércese a censura, o futuro é promisorio.
Os sistemas de comunicacións están deseñados para comunicarse a través de órganos sensorias humanos (principalmente os de Percepción visual e Percepción sonora), nos que se ten en conta as características psicolóxicas e fisiolóxicas da percepción humana, o exemplo máis común que podemos citar é o son de campaniña que escoitamos cando chamamos por teléfono, se ben tecnicamente non é preciso aínda que si o é para a persoa que espera ser atendida. Por outra banda os sistemas deséñanse empregando a capacidade dos nosos órganos sensoriais para integra-la información, como por exemplo a transmisión de televisión que emprega a remanencia visual dos ollos para transmitir menos información, abaratando o custe dos receptores e transmisores. O mesmo acontece coa telefonía celular e a comunicación por VoIP (Voz por IP) empregando internet como vínculo de baixo custe. Actualmente en países cuxos habitantes posúen maior poder adquisitivo, ante certos tipos de defectos, a pesares de ser obxectivamente razoables en función do custe beneficio, reclaman ós operadores maior calidade de servizo, exemplos disto son: Televisión de Alta Definición, vídeo baixo demanda, Banda Ancha en servizos de internet, maior calidade e sofisticación de telefonía celular como 3G, equipos de interface máis sofisticada con máis e mellores funcións, un exemplo son os teléfonos celulares que hoxe poden incluír: captura de video, cámara fotográfica, variedade de tonos de alerta, vibrador, trunking, grabador de voz, internet por Wi-Max, axenda e capacidade de realizar pagos como unha tarxeta de crédito. De todos modos existe un compromiso entre redución de custes e as demandas dos usuarios de sistemas de gran calidade, o que constitúe unha importante consideración cara ó deseño destos sistemas por parte dos grandes operadores de telecomunicacións que deberán seguir indefectiblemente as regulacións dos distintos governos e dos organismos internacionais como a ITU.
[editar] Historia
Obviando posibles predecesores na mitoloxía grega, a mensaxería a cabalo e os sinais de fume, a Enxeñaría de Telecomunicación tal e como concíbese actualmente comezou coa telegrafía. Dende os seus inicios estivo profundamente vinculada á electrónica de sinal. Nalgúns países coñécese como enxeñaría electrónica.
Nos últimos anos e aproveitando o desenrolo da informática, experimentou un auxe moi notable, aparecendo novas ramas baseadas nos sistemas dixitais de emisión e recepción, con novas ramas como a telemática e a telefonía móbil ou celular.
[editar] Universidades
[editar] En España
- Universidad Alfonso X el Sabio
- Universidad Autónoma de Madrid
- Universidad Carlos III de Madrid
- Universidad Europea de Madrid
- Universidad de Alcalá
- Universidad de Cantabria
- Universidad de Deusto
- Universidad de Granada
- Universidad de Jaén
- Universidad de Las Palmas de Gran Canaria
- Universidad de Málaga
- Universidad de Oviedo
- Universidad del País Vasco
- Universidad de San Pablo-CEU
- Universidad de Sevilla
- Universidad de Valladolid
- Universidad de Zaragoza
- Universidad Miguel Hernández
- Universidad Politécnica de Cartagena
- Universidad Politécnica de Madrid
- Universidad Pública de Navarra
- Universidad Rey Juan Carlos
- Universitat Politécnica de Catalunya
- Universitat Politécnica de Valencia
- Universitat Pompeu Fabra
- Universitat Ramón Llull
[editar] En Arxentina
- Universidad Nacional de Río Cuarto
- Universidad Blas Pascal
- Universidad Tecnológica Nacional
- Universidad de Buenos Aires
- Instituto Tecnológico de Buenos Aires
- Universidad Argentina de la Empresa
- Instituto Universitario Aeronáutico
- Instituto Universitario de la Policía Federal Argentina
[editar] En Bolivia
- Universidad Cátolica Boliviana "San Pablo"
- Universidad Mayor y Real Pontífice de "San Francisco Xavier" de Chuquisaca
[editar] En Colombia
- Universidad de Medellín
- Universidad de Antioquia
- ITM Instituto Tecnológico Metropolitano
- Universidad Del Cauca
- Universidad Distrital Francisco José de Caldas
- Universidad Javeriana
- Universidad Militar Nueva Granada
- Universidad Politécnico Grancolombiano
- Universidad Pontificia Bolivariana
- Universidad Santo Tomás
- Universidad San Martín
- Universidad de Pamplona
[editar] En Cuba
- Instituto Superior Politécnico "José Antonio Echeverría
- Universidad de Oriente
- Universidad Central de Las Villas
[editar] En México
- Universidad Nacional Autónoma de México
- Instituto Politécnico Nacional
- Universidad Autónoma de la Ciudad de México
- Instituto Tecnológico y de Estudios Superiores de Monterrey
- Universidad Iberoamericana
- Universidad De Montemorelos[1]
[editar] En Perú
- Universidad Nacional de Ingeniería
- Universidad Nacional de Altiplano Especialidad de la Escuela Profesional de Ingeniería Electrónica
- Pontificia Universidad Católica del Perú
- Universidad Nacional Federico Villarreal
- Universidad Inca Garcilaso de la Vega
- Universidad Tecnológica del Perú
- Universidad Católica San Pablo
- Universidad Peruana de Ciencias Aplicadas
[editar] En Venezuela
- Universidad Nacional Experimental Politecnica de la Fuerza Armada
- Universidad Cátolica Andres Bello
- Universidad Fermin Toro
- universidad jose antonio paez
- Universidad Santa María