Exilio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O exilio é o estado de estar obrigadamente lonxe da propia terra (xa sexa cidade ou nación) e pode definirse como a expatriación, voluntaria ou forzada, dun individuo. Algúns autores utilizan o termo "exiliado" co sentido de "refuxiado".
Ademais de persoas en exilio, tamén hai gobernos en exilio, como o do Tíbet ou nacións en exilio, como foi o caso de Armenia de 1078 a 1375, que logo da invasión do seu territorio, exiliouse en Cilicia, formando un novo reino.
[editar] Persoeiros que estiveron no exilio
(ordenados alfabeticamente por apelido)
- Dante Alighieri
- Emperador Bao Dai de Vietnam
- Napoleón Bonaparte, exiliado na Illa de Elba e sucesivamente na Illa de Santa Helena
- Bertolt Brecht
- Humberto Delgado, exiliado de Portugal en Brasil
- Albert Einstein, autoexiliado de Alemaña nos Estados Unidos
- Sigmund Freud, autoexiliado de Austria no Reino Unido
- Alberto Fujimori, exiliado de Perú en Xapón
- Giuseppe Garibaldi, exiliado en América do Sur
- Tenzin Gyatso, 14̊ Dalai Lama, exiliado do Tíbet na India
- Victor Hugo, exiliado de Francia nas Illas da Canle
- Milan Kundera
- Lenin, autoexiliado en Suíza
- Thomas Mann, autoexiliado en Suíza e nos Estados Unidos
- Ferdinando Marcos, exiliado de Filipinas en Hawai
- Karl Marx, autoexiliado de Alemaña no Reino Unido
- Xosé Martí
- Giuseppe Mazzini
- Aleksandr Danilovich Menshikov
- Publio Ovidio
- Xoan Perón, exiliado de Arxentina en Paraguai e España.
- Ferenc Puskás
- Rei Vítor Manuel III de Italia, exiliado en Exipto
- Umberto II de Italia, exiliado en Portugal
- Alfredo Stroessner exiliado de Paraguai en Brasil
- Lev Trotski exiliado en Turquía, Francia, Noruega e, por fin, México
[editar] Véxase tamén
- Desterro
- Expulsión