Santa Helena
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa Helena é unha colonia britanica do Atlántico Sur, localizada praticamente a meo do océano, mais xeralmente englobada nos territorios africanos por se encontrar máis perto de África do que da América do Sur. A colonia é constituída pola Illa de Santa Helena e por dúas dependencias moi afastadas: Ascensión, a noroeste, e Tristán da Cuña, a sur. Relativamente á illa de Santa Helena propriamente dita, o territorio máis próximo é a illa de Ascensión, seguindo a costa africana do sur de Angola e do norte da Namibia, a leste. Capital: Jamestown.
A illa foi descoberta en 1501 polo navegador galego Xoán da Nova, estando ao servizo de Portugal. Xoán da Nova dirixiase á India, tendo nesa viaxe tamén descoberto a illa de Acensión.
Portugal nunca colonizou a illa, que veu a ser ocupada pola mariña inglesa no século XIX.
Napoleón Bonaparte faleceu exilado en Santa Helena. A industria do turismo local explora moito este particular aspecto da historia, así como o calmo estilo de vida da súa poboación.
Curiosamente, Santa Helena non posue nengunha praia, sendo o seu litoral completamente rochoso. Tamén por este motivo a illa era utilizada como prisión. Non hai unha saída doada do interior da illa mais que a través da capital Jamestown.
Santa Helena non posue aeroporto, sendo todo o transporte de persoas e cargas feito a través de barcos. A illa posue un navío, chamado RMS St Helena, que fai unha ruta pasando por Inglaterra, Irlanda, Illas Canarias, Ascensión, Santa Helena, África do Sur e Namibia. A pasaxe pola Namibia é ainda experimental.
Existe un proxecto para a construcción dun aeroporto, como forma de viabilización economica da illa, principalmente a través do turismo. Santa Helena ainda depende nunha gran medida dos recursos vidos do Reino Unido.
[editar] Ligacións Externas
Países do mundo | África |
Alxeria | Angola | Benín | Botsuana | Burkina-Faso (Ex-Alto Volta) | Burundi | Cabo Verde | Camerún | Chad | Cimbabue (Zimbabwe) | Comores | Congo | Costa do Marfil | Xibutí | Exipto | Etiopía | Eritrea | Gabón | Gambia | Gana | Guinea | Guinea-Bisau | Guinea Ecuatorial | Lesoto | Liberia | Libia | Madagascar | Malaui | Malí | Marrocos | Mauricio | Mauritania | Mozambique | Namibia | Níxer | Nixeria | Quenia | República Centroafricana | República Democrática do Congo (ex-Zaire) | República Sudafricana (África do Sur, Sudáfrica) | Reunión | Ruanda | San Tomé e Príncipe | Senegal | Serra Leona | Seixeles | Somalia | Suacilandia | Sudán | Tanzania | Tunisia | Togo | Uganda | Zambia |
Outros territorios Canarias | Ceuta | Madeira | Melilla | Sáhara Occidental | Mayotte | Illa de Reunión |