Fenol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O fenol é un sólido cristalino de cor branca a temperatura ambiente. A súa fórmula quÃmica é C6H5OH, e ten un punto de fusión de 43ºC e un punto de ebulición de 182ºC. O fenol é un alcohol que pode producirse mediante a oxidación parcial do benceno.
O fenol é unha substancia manufacturada. En forma pura, o fenol é un sólido branco-incoloro. O produto comercial é un lÃquido. Pódese detectar o sabor e o cheiro do fenol a niveis máis baixos que os asociados con efectos nocivos. O fenol evaporase máis lentamente que a auga e unha pequena cantidade pode formar unha solución con auga. O fenol inflamase fácilmente, é corrosivo e os seus gases son explosivos en contacto có lume.
O fenol úsase principalmente na produción de resinas fenólicas. Tamén se usa na manufactura de nylon e outras fibras sintéticas. O fenol úsase tamén en produtos quÃmicos para matar bacterias e fungos, coma desinfectante, antiséptico, para combater o acné ,para producir agroquÃmicos, policarbonato, no proceso de fabricación de ácido acetil salicÃlico (aspirina) e en preparacións médicas.
[editar] Ligazóns Externas
- ATSDR en Español - ToxFAQs™ para o Fenol
- ATSDR en Español - Resumen de Saúde Pública para o Fenol
- Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo de España: Ficha internacional de seguridade quÃmica do Fenol.