Fernando Pérez de Traba
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Conde de Traba e de Trastamara; líder da nobreza galaico-portuguesa e titor de Fernando II de León e Galicia.
Índice |
[editar] Levantamento galaico-portugués
Pertencente a estirpe máis poderosa do Reino de Galicia; era fillo de Pedro Froilaz de Traba. Participou na revolta galaico-portuguesa liderada polo seu pai contra Urraca de León. Tal levantamento, producido en 1116, facíase en alianza con Tareixa de Portugal. Pretendían os insurxentes defender os dereitos do corado rei de Galicia Afonso Raimúndez, o futuro Afonso VII, así como garantir a autonomía do condado portucalense fronte a raíña leonesa.
Os trunfos de Vilasobroso e Lanhoso selaron a alianza entre os Traba e Tereixa de Portugal. Fernando Pérez de Traba pasou así a gobernar Porto e Coímbra e a asinar importantes disposicións e documentos conxuntamente con Tareixa de Portugal.
[editar] Adiantado de Afonso VII
Á morte de Urraca, erixiuse nun dos baluartes do rei Afonso VII no Reino de Galicia. Tanto foi así que se lle confiou a tarefa de ser preceptor do seu fillo, o futuro Fernando II de León e Galicia. A Crónica Latina de Castilla considera que a súa influencia foi determinante para que no testamento de Afonso VII de Galicia e León se separasen de Castela e Toledo. Xa antes da morte de Afonso VII, aparece coasinando documentos con Príncipe Fernando, aparecendo co título de rex.
[editar] Derrota en Portugal
Tareixa exerceu a rexencia durante a minoría de idade do seu fillo Afonso Henríques o primeiro monarca portugués. Este aglutinou aos cabaleiros portugueses e o apoio da Igrexa de Braga contra o dominio de Fernando Pérez de Traba e a súa propia nai. Estes últimos acabaron sendo derrotados na batalla de San Mamede (1128) cando pretendían facerse coa soberanía do espazo galaico-portugués. Determinada historiografía portuguesa fai desta batalla o nacemento da súa nación.
[editar] Liderazgo en Galicia
A partir dese momento concentra a súa influencia en Galicia propiamente dita, asinando como Comes Fernandus de Gallecie. Aquí realiza un labor de apoio aos mosteiros cisterciences, puidéndoselle atribuí-la fundación do mosteiro de Sobrado dos Monxes. Disputuou o seu liderazgo sobre o Reino de Galicia co arcebispo de Santiago de Compostela Diego Xelmírez, con quen mantivo un tenso entendemento.
[editar] Labor militar
Comanda as tropas galegas ao servizo do monarca Afonso VII o Emperador nas súas incursións contra os almohades. As crónicas salientan o seu valor na conquista de Almería.
Defende o val do Miño a duras penas contra as acometidas de Afonso Henriques ata a paz de Zamora de 1143.
Se lle coñecen dúas estadias en Terra Santa ao fío da segunda cruzada. Cedeu terreos aos templarios na actual costa coruñesa. Foi introductor desta orde militar no Reino de Galicia.
[editar] Pervivencia
Morto probablemente en 1161, recibiu sepultura no mosteiro de Sobrado dos Monxes. A súa neta Sancha (filla do conde Nuño de Lara e da súa filla Tareixa Fernández) casou con Fernando II. Os seus descendentes mantiveron o seu protagonismo na corte de León. A súa irmá, Estefanía Pérez de Traba, contraería matrimonio con Gutierre Ruíz de Castro, da familia que non tardaría en tomar o relevo dos Traba no seu dominio de Galicia.