Festa da filloa de Lestedo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Este artigo debe incluir o material procedente de Festa da filloa
A Festa da filloa de Lestedo naceu no ano 1984 a partir dunha reunión de veciños da parroquia, para facer popular unha tradición da zona. Esta festa axuda a recuperar outras tradicions como o entroido do Ulla, que se caracteriza polos traxes dos "Altos Xenerais". A gran calidade das filloas débese ao bo facer dos artesáns para manter a temperatura indicada das pedras onde se friten as filloas. Este produto gastronómico pódese degustar só, con mel, envolveitas, etc. Na festa tamén son frecuentes outros produtos do país como a orella, o chourizo, o churrasco, o mel, etc.
A festa da filloa de Lestedo celébrase o domingo seguinte ao Martes de carnaval, tamén chamado domingo de piñata. Desde o ano 1995, a partir do influxo das carrilanas de Esteiro, comezouse a celebrar a "Gran Baixada de carrilanas da República da Filloa".