Orella
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A orella é a parte visible do oído e que está formada polo pavillón auricular. É unha estrutura cartilaxinosa (composta por cartílago e pel) que ten como función capta-las vibracións sonoras e redirixilas cara o interior do oído.
Moitos animais son capaces de mover a vontade o pavillón auricular cara a dirección da que procede o son (por exemplo, os cans). En cambio, a orella humana é moito menos direccional, pois non posuímos ese control voluntario sobre a súa orientación.