Feudalismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O termo feudalismo foi acuñado por primeira vez polos revolucionarios franceses do século XVIII, como sinónimo das desigualdades xuridico-sociais contra as que loitaban. Así, pasou á Historia relacionado con dereito de pernada, barbarie, séculos escuros... Pero o concepto histórico (non é un sistema político, máis ben un modo de organización social), abrangue moitos máis aspectos dos que nun primer momento se pensan.
A estructura social feudal na súa meirande parte estaba constituída por unha lexión de campesiños que alimentaban a todo o conxunto da sociedade por medio dunha economía de caracter agrario pechada. O poder, fundamentado na propiedade da terra estaba en mans dunha aristocracia militar que exercía o control político e outra relixiosa que se reservaba o control ideolóxico. Estaba rexido por un complexo sistema piramidal de vasallaxe, no que o rei estaba no cumio e os campesiños eran prácticamente propiedade do seu señor feudal. Había cidadans libres que so debían obediencia e vasallaxe o rei nas cidades.
Había nobles de varios niveis, todos eles dentro da estructura de vasallaxe. Así, o cabaleiro podía ser señor dunha aldea, pertencente a un condado, sendo polo tanto vasallo do conde, que o sería á súa vez dun duque ou directamente do rei. Estes xuramentos estaban basados na honra e na fe, ata o punto de que se un noble era excomulgado polo papa, o seu señor podía despoxarlle das súas pertenzas e os seus vasallos negarlle a obediencia e lealdade.
Este sistema daba lugar a moitas guerras internas, dende rebelións ata reclamacións de nobres sobre outros títulos, e creaba situacións como que o rei de Inglaterra fose vasallo do rei de Francia por posuir territorios franceses como o ducado de Normandía.
Entre o século IX e o século XII a sociedade europea vive a plenitude do feudalismo. Arraigou con máis forza nos dominios do Imperio Carolinxio, noutras rexións a súa implantación foi máis superficial: na España cristiana polo enfrontamento contra o Islam e na Italia medieval polo contacto co Imperio bizantino.