G8
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Grupo dos Oito (G8) agrupa aos sete países países máis industrializados do mundo e máis a Rusia.
O G8 ten a súa orixe na crise do petróleo de 1973 e na posterior recesión mundia, cando a petición do secretario do tesouro nortemaricano, George Shultz, reuníronse os ministros de facenda dos cinco países máis industrializados, aínda que non foi se formouse oficialmente ata 1975 na xuntanza de Rambouillet cando o presidente francés Valéry Giscard d'Estaing convidou a participar nun cumio aos seis países máis industrializados: Francia, Alemaña, Italia, Xapón, Reino Unido e os Estados Unidos (G6), en 1976 uniuselles Canadá (G7) e en 1998 Rusia.
Os representantes destes oitos países xúntanse anualmente para analizar o estado da política e a economía internacionais e coordinar as súas políticas