George Bass
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
George Bass (1771 - 1803) foi cirurxián naval e explorador británico.
Naceu en Aswarby, preto de Sleaford (Lincolnshire). Estudou en Boston, Lincolnshire, obtivo o título de medicina en 1789 e en 1794 uniuse á Royal Navy como cirurxián. Chegou a Sidney no Reliance en febreiro de 1795 xunto a Matthew Flinders, eles dous coa compaña de William Martin exploraron Botany Bay, non lonxe de Sidney e tamén o río Georges. En 1796 exploraron Port Hacking.
En 1797 Bass chegou ao Cabo Howe, o punto máis lonxano ao que se chegara no sueste de Australia, e seguiu ata aproximadamente o que hoxe é Melbourne. En 1798 chegaou descubriu o estreito entre Australia e Tasmania, que dende 1803 leva o seu nome (estreito de Bass).
Durante as súas viaxes, Bass recolleu especies de plantas que enviou a Joseph Banks e foi un dos primeiro en describir o wombat. Bass tamén foi o primeiro branco en chega á rexión de Kiama, da que escribiu numerosas notas sobre a súa complexidade botánica e o seu géyser mariño.
En 1799 voltou a Inglaterra e regresou de novo a Sidney en 1801, viaxou a Tahití en 1803 e non se oiu falar máis del .