Guerra da Independencia española
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coñécese como Guerra da Independencia española ao conflito armado que, entre 1808 e 1814 sacudiu á Península Ibérica como consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en España co pretexto de invadir Portugal. O Levantamento do 2 de maio contra os invasores foi espontáneo e popular e iniciouse o 2 de maio de 1808, cando o alcalde de Móstoles, Andrés Torrejón, redacta un bando no que insta á poboación a levantarse en armas para socorrer ao rei Fernando VII, que estaba retido por Napoleón Bonaparte. Esta guerra está dentro do contexto de Guerras Napoleónicas.
Índice |
[editar] Antecedentes
Durante os últimos anos do século XVIII e primeiros anos do século XIX, Napoleón gobernaba España da forma que él quería, amparandose na debilidade dos reis e ministros do país. Nembargantes, a finais do ano 1807, Napoleón decidiu que a monarquía de Carlos IV era de escasa utilidade e que sería máis propicio a creación dun estado satélite. A proveitando os sucesos derivados do Motín de Aranjuez e o feito de que as tropas francesas xa ocuparan o norte de España, Napoleón fixo que a coroa española caera nas máns do seu irmán José I (Abdicacións de Baiona).
Coa situación de pararálise borbónica, o pobo ponse en loita contra o invasor dirixido por notables locais. Desta forma, únense nun bloque para deslexitimar un cambio dinástico, e comezar a loita pola "independecia".
Co levantamento popular do 2 de maio, (Madrid 1808), ponse de manifesto a separación entre o pobo e o goberno instaurado por Napoleón. Son: a asuencia do rei Fernando VII (de quen se cre que está secuestrado), resentimento contra a presenza militar francesa, a represión do 3 de maio, as gotas que colman o vaso e fan perder a lexitimidade ao poder central e a representación popular por medio das xuntas rexionais.
[editar] A guerra pola independencia
Tralo levantamento do 2 de maio, a Xunta Xeral do Principado de Asturias proclámase soberana contra o poder central en principio lexítimo (Fernando VII esixiu abandonar España en obediencia aos frnaceses), envía unha embaixada a Inglaterra e o 24 de maio de 1808 declara formalmente a guerra a Francia. Como resposta a este comunicado, as autoridades envían ao Principado un batallón do Rexemento de Hibernía e un escuadrón de Carabineros dende Bilbao e Valladolid para apagar a revelión dos asturianos, ainda que sen éxito. A sublevación dos asturianos súmaselle o resto de xuntas (Cantabria o 27, Galicia o 30, León o 1 de xuño, etc.) e esto significará un grave revés para os desexos de Napoleón de levar a cabo unha conquista pacífica (xa que acarrea poucos costes). Para evitar ser saturados, Napoleón esixe aos xerais que eliminen a resistencia, pero os resultados non son os esperados. A vitoria de Bessiers na Batalla de Medina de Rioseco, non acaba coa rebelión do sitio de Zaragoza que pronto se extende a Logroño. En Cataluña, as tropas frnacesas son derrotadas dúas veces na Batalla de Bruc, mentras que a sublevación de Girona corta os suministros. En Andalucía o xeral Dupont sufre unha derrota na Batalla de Bailén frente as tropas do xeral Castaños. A causa deste trunfo foi desaloxar Madrid e fixo soñar coa marcha definitiva dos frnaceses. Ao mesmo tempo, Gran Bretaña ve abrirse unha nova fronte, (inesperada), na súa guerra contra Francia.
Nembargantes, Napoleón intervén directamente, dirixindo un exército de 250.000 homes. Trátase dun exército veterano, acostumado a movementos rápidos e a vivir sobre o terreo, e que derrota rápidamente á resistencia española e aos exércitos ingleses desmbarcados na península. Despois da entrada do emperador en Madrid, tras a Batalla de Somosierra (30 de novembro de 1808) e a derrota da Batalla de Ocaña (novembro de 1809), a Xunta Xeral abandona a meseta para refuxiarse primeiro en Sevilla, logo en Cádiz. Dende ahí aisite é toma de Andalucía e Valencia. Soamente Murcia e Huelva, con Cádiz, quedan independentes.
[editar] A Guerra de Guerrillas
Sen un exército co que convatir ante os franceses, os españois inventan un sistema novo para loitar, A guerra de guerrillas, como único modo de desgastar e estorbar aos franceses. Trátase de grupos de pouca xente, secoñecedores do terreo que pisan, e que danan ao enimigo con rápidos golpes, para esparcerse rápidamente e perderse polos montes. Grazas a estas tácticas, o dominio francés está soamente nas cidades. O propio Napoleón recoñece a inestabilidade cando, en contra da vontade do seu irmán (teórico rei de España), pon baixo goberno francés os territorios da marxe esquerda do Ebro, creando unha nova marca hispánica.
Esta guerra de independencia terá importantes repercusións no esforzo de guerra de Napoleón. Un aparente paseo militar transformábase nunha situación na que centos de unidades, preciosas para loitar na campaña contra Rusia, morrían nos ataques. A situación era en calquera caso, tan inestable, que calquera retirada de tropas podía producir un desastre de mortes súbitas, como o que ocorreu en xulo 1812. Nesta data o Duque de Wellington, á fronte dun exército angloportugés e dende Portugal derrota aos franceses, primeiro na Batalla de Ciudad Rodrigo e logo na Batalla de Arapiles, expulsando aos franceses ao oeste e ameazando Madrid: José Bonaparte retírase a Valencia. Se ben os franceses contraatacan e o rei volve a Madrid en novembro, unha nova retirada de tropas por parte de Napoleón tras a derrota en Rusia e a comezos de 1813 permite as tropas aliadas expulsar a José Bonaparte de Madrid e derrotar aos franceses na Batalla de Vitoria en na Batalla de San Marcial, ao tempo que Napoleón intenta protexer a fronteira até poder negociar con Fernando VII unha retirada. Nin os desexos dos españois, verdadeiros protagonistas da liberación, nin os intereses dos afrancesados que seguiran ao exilio a José, son tidos en conta nas negociacións.
[editar] Consecuencias
A firma do Tratado de Valençay polo que se lle voltaba o trono a Fernando VII O desexado, como monarca absoluto, foi un comezo dun tempo de desilusións para todos aqueles que creran que a loita contra os frnaceses era o comezo a "revolución española".