Heraclio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Caesar Flavius Heraclius Augustus (Capadocia, c. 575 - Constantinopla, 11 de febreiro de 641) foi emperador bizantino desde o 5 de outubro de 610 ata a súa morte.
Ãndice[agochar] |
[editar] BiografÃa
Era fillo do poderoso exarca de Cartago, chamado tamén Heraclio, de orixe armenia, que fora un dos xenerais clave na guerra do ano 590 contra Persia, baixo o goberno do emperador Mauricio. Descoñécese o lugar exacto de nacemento do emperador Heraclio, aÃnda que é seguro que pasou a súa mocidade no norte de Ãfrica.
[editar] A conquista do trono
En 608, o seu pai, Heraclio o Vello, exarca de Cartago, e o irmán deste, Gregorio, o seu segundo no mando, rebeláronse contra o emperador Focas, que depuxera a Mauricio seis anos atrás. Os rebeldes acuñaron moeda na que aparecÃan os dous Heraclios cos atributos consulares, aÃnda que ningún dos dous reclamou entón o tÃtulo imperial. Reuniron un exército e unha flota. Nicetas, fillo de Gregorio e primo de Heraclio o Mozo, invadiu por terra Exipto, e en 609 derrotou a Bonoso, xeneral de Focas, e fÃxose co control da provincia. Ao mesmo tempo, o xove Heraclio embarcouse coa flota cara a Oriente, pasando por Sicilia e Chipre. Nas proximidades de Constantinopla contactou con destacados aristócratas da cidade, quen lle aseguraron que serÃa ben recibido. Ao chegar á cidade, os Excubitores (garda imperial de elite que estaba dirixida polo xenro de Focas, Prisco) pasáronse a Heraclio, e este puido entrar na cidade sen atopar resistencia. Focas foi executado persoalmente por Heraclio.
O 5 de outubro de 610 Heraclio foi coroado na capela de San Estevo do palacio imperial, pouco despois de contraer matrimonio coa súa prometida, Fabia, que tomou o nome de Eudocia. A emperatriz, moi querida en Constantinopla, morrerÃa en 612. Heraclio contraeu un segundo matrimonio coa súa sobriña Martina.
[editar] A guerra con Persia
Cando Heraclio se fixo co poder o Imperio atopábase nunha situación desesperada. A revolta de Focas contra Mauricio en 602 deixara o Danubio desguarnecido, permitindo o avance dos ávaros nos Balcáns. Na fronteira oriental, o rei Cosroes II de Persia, antigo aliado do emperador Mauricio, usou o seu asasinato como pretexto para declarar a guerra aos bizantinos. Na corte persa atopábase un home que afirmaba ser Teodosio, fillo de Mauricio, e Cosroes apoiaba as súas pretensións ao trono. Durante o reinado de Focas, a guerra favorecera aos persas, quen chegaran no seu avance ata Siria. O ano anterior a que Heraclio ascendese ao trono, o xeneral persa Shahrbaraz tomara AntioquÃa.
AÃnda que Heraclio intentou establecer un tratado de paz, Cosroes refusou parlamentar con el, considerándoo un usurpador. Os primeiros movementos militares de Heraclio terminaron de forma desastrosa, e os persas avanzaron cara ao oeste. Conquistaron Damasco en 613, e en 614 Xerusalén, onde causaron graves danos á Igrexa do Santo Sepulcro e apoderáronse da Vera Cruz e outras reliquias, que foron levadas a Ctesifonte. Despois apoderáronse de Exipto, a principal fonte de aprovisionamento de gran para o Imperio Bizantino. Mesmo fixeron rápidas incursións en Anatolia, chegando ata Calcedonia, na beira asiática do Bósforo. Segundo se di, os habitantes de Constantinopla podÃan ver de noite os lumes de vixilancia dos persas e os seus reflexos no auga.
A situación chegou a ser tan grave que Heraclio considerou seriamente a posibilidade de trasladar a capital do Imperio a Cartago. Pero finalmente decidiu permanecer en Oriente, e dedicouse a reorganizar o exército bizantino. É posÃbel que fose o creador dos thémata, circunscricións administrativas que eran ao mesmo tempo distritos militares, baixo o mandato dun strategos ou gobernador militar. Segundo outros autores, a organización do Imperio en thémata tivo lugar algúns decenios despois.
Trala súa reorganización do exército, Heraclio púxose á cabeza do mesmo na súa guerra contra os persas. Foi o primeiro emperador en dirixir persoalmente unha campaña contra un inimigo exterior desde os tempos de Teodosio I. Confiando en que Constantinopla se atopaba ben defendida, e rexeitando unha guerra de esgotamento para recuperar as provincias perdidas, na primavera de 622 viaxou por mar ata Iso, coa intención de invadir a propia Persia. Derrotou a Sharbaraz no outono dese mesmo ano, nalgún lugar de Capadocia. MantÃvose en campaña avanzando cara ao leste durante varios anos. En 626, mentres se atopaba ausente, Constantinopla foi asediada polos ávaros, pero os intentos dos persas por axudar a estes últimos, con quen se aliaron, atravesando o Bósforo foron rexeitados pola armada bizantina. A poboación da cidade, dirixida polo patriarca Serxio, resistiu con firmeza o asedio, e os ávaros terminaron por levantaren o sitio. Namentres, Heraclio conseguiu a axuda dos kházaros e outros pobos turcos, e dedicouse a fomentar as divisións internas existentes entre os persas. Convenceu ao xeneral Shahrbaraz de que Cosroes estaba celoso dos seus éxitos e ordenara a súa execución, co que conseguiu que permanecese neutral. Na batalla de NÃnive, en 627, as forzas bizantinas derrotaron ao exército persa dirixido por Razates. Con todo, Cosroes seguiu refusando asinar a paz, e Heraclio continuou avanzando ata Ctesifonte, capital do Imperio Persa. Antes de que chegase á cidade, a aristocracia persa depuxo a Cosroes. O seu sucesor asinou a paz con Heraclio devolvendo a Bizancio todos os territorios que conquistaran os persas. A dinastÃa sasánida nunca se recuperou desta derrota. O 14 de setembro de 628 Heraclio entrou en triunfo en Constantinopla.
[editar] Os últimos anos
Heraclio tomou o tÃtulo persa de "Rei de Reis", abandonado o antigo tÃtulo imperial de "Augustus". Pouco despois foi chamado basileus (palabra grega que significa "rei" ou "emperador"), tÃtulo que os gobernantes bizantinos levarÃan ata o final do Imperio. Tamén substituÃu o latÃn polo grego como lingua administrativa. Logo do seu reinado, o Imperio Bizantino tivo un marcado carácter helénico.
En 630, Heraclio chegou ao cume do seu poder cando marchou triunfalmente ata Xerusalén, onde repuxo a Vera Cruz na Igrexa do Santo Sepulcro. Desafortunadamente, con todo, por entón o profeta Muhammad acababa de unificar ás tribos nómades da PenÃnsula Arábiga e, poucos anos despois, o Islam lanzouse contra o Imperio nunha implacábel ofensiva. Cando os musulmáns invadiron Siria e Palestina en 634, Heraclio, que caera doente, non puido combatelos persoalmente, e os seus xenerais fracasaron. Na batalla de Yarmuk, en 636, o exército bizantino, superior en número, foi derrotado polos árabes. Siria e Palestina perdéronse para sempre. No momento da morte de Heraclio, a maior parte de Exipto fora tamén conquistado polos árabes.
Malia a desastrosa etapa final do seu reinado, Heraclio foi un dos máis destacados emperadores bizantinos. Salvou ao Imperio do que parecÃa unha destrución segura, e grazas ás súas reformas os árabes foron detidos en Asia Menor, e ata no Norte de Ãfrica, a onde aÃnda tardarÃan 60 anos en chegar.
No seu intento por salvar a unidade relixiosa do Imperio, ameazada pola herexÃa monofisita, intentou chegar a unha fórmula de compromiso defendendo o monotelismo, doutrina propagada polo patriarca Serxio que foi considerada herética polo Papa Xoán IV. Cando as provincias monofisitas foron conquistadas polo Islam, o monotelismo perdeu a súa razón de ser e foi rexeitado.
Sucedérono Constantino III Heraclio, o seu primoxénito, habido con Eudocia, e Heraclonas, fillo de Martina, a súa segunda esposa.
[editar] Ligazóns externas
- As campañas do emperador Heraclio, de acordo coas crónicas de Teófanes o Confesor Texto en inglés.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Focas, Emperador |
Heraclio (610-641) |
Precede a: Constantino III Heraclio |
DinastÃa dos Heráclidas |