Historia da moeda en Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Antes da chegada dos romanos, os pobos que se asentaban no territorio que hoxe comprende Galicia non coñecÃan a moeda, os seus intercambios comerciais baseábanse no troco. Estrabón fala do uso nestas terras de pequenas placas de prata para seren utilizadas no cambio, mais arqueoloxicamente non hai ningunha evidencia da súa utilización. As primeiras moedas das que hai evidencia arqueolóxica son ibéricas e romanas que se atopan nos castros galegos máis como botÃns de incursións guerreiras realizadas no século II e I a.C.
Ãndice[agochar] |
[editar] A moeda na Galicia romana
- Ver tamén Ceca de Lucus Augusti
Non se sabe de certo cando os habitantes da Gallaecia adoptaron a moeda como base do seu sistema comercial, nun primeiro momento serán os romanos e os sectores da economÃa a eles vencellados como a minerÃa quen a utilicen, pero cara o século III a moeda estaba xeneralizada e gran parte do seu territorio, agás certas áreas do interior.
A maiorÃa da moeda circulante en Galicia durante a época romana era de bronce e cobre cuñada en cecas de fóra de Galicia. Esporadicamente acuñouse moeda en Lugo, como aconteceu no ano 25 a.C. cando, con motivo das guerras cántabras, por primeira vez se cuñou moeda en Galicia, para lle pagar ó exército romano que viñera ata acó e en menor medida para uso comercial. As pezas cuñadas foron denarios, quinarios, sestercios, dupondios e sobre todo ases posiblemente nunha ceca móbil que se dispuxo en Lucus Augusti por orde de Publio Carisio, legado imperial da Lusitania.
[editar] A moeda na Galicia sueva
Os suevos xa coñecÃan a moeda cando chegaron á Gallaecia; principiaron a bater moeda seguindo o sistema monetario de Constantino e coa imaxe do emperador Honorio mesmo despois da súa morte, Requiario foi o primeiro rei xermano en cuñar moeda co seu propio nome (IUSSU RECHIARI REGIS), en relación á poboación a moeda posta en circulación polos suevos foi abondosa.
[editar] A moeda na Idade Media
Coa incorporación da Gallaecia ó reino visigodo introdúcese a súa moeda e unhas poucas cecas van bater moeda, en xeral con moi escasa produción, polo que a moeda sueva continuou a se usar durante moito tempo, mesmo en datas tan serodias como o século X.
Despois da desaparición do Reino Visigodo o circulante monetario en Galicia redúcese considerablemente, apenas se atopa moeda árabe e segue a circular o monetario suevo e visigodo, asemade vólvese ó troco para intercambiar produtos xa que non se volvera cuñar moeda nos reinos cristiáns ata o século XI, pero no caso especÃfico de Santiago de Compostela e en menor medida outras localidades localizadas no Camiño de Santiago circulaban bo número de moedas procedentes de toda Europa que levaban os peregrinos consigo e delas o tornés era a que tiña máis aceptación mesmo chegando a circular por toda a comarca de Santiago sen precisar ser cambiada polo gremio dos cambiadores.
Afonso VI comezou a emitir diñeiros de bellón despois da conquista de Toledo e Fernando II estableceu como unidade monetaria o marabedà de ouro, esta moeda non se emite fóra da capital do reino, ao contrario que a súa sucesora, a dobra nos tempos de Afonso VIII, que se cuñou tamén na Coruña, que foi a principal ceca galega da Baixa Idade Media e da Idade Moderna. Pedro I introduciu a prata no sistema monetario, o real que tamén se emitiu na Coruña. A moeda de bellón, que recibÃa numerosos nomes e era de amplo uso en Galicia na fin da Idade Media, cuñouse en Santiago de Compostela, Lugo, A Coruña, Milmanda -preto de Celanova-, Tui e Ourense, ademais é case seguro a existencia de pezas de circulación monetaria fabricados en material inusual, como é o caso das moedas de coiro, moedas de Ãnfimo valor seguramente batidas no transcurso dalgunha campaña militar, das que non se conserva ningún exemplar.
Entre 1367 e 1371 emitiuse na Coruña moeda a nome do rei portugués, Fernando I, que entrara en Galicia e foi coroado na cidade da Coruña, cidade que lle foi fiel durante algúns anos, aÃnda que no resto de Galicia os reis casteláns conseguiran restablecer o seu poder, logo da conquista a moeda emitida polo pretendente, que era do mesmo tipo da portuguesa foi desmonetizada, a pesar do cal seguiu a circular durante algúns anos.
Na reforma monetaria dos Reis Católicos (1475) o excelente quedou como a unidade monetaria de ouro, ademais de emitir os reais, prata, e os marabedÃs, cobre. En 1537 creouse unha nova unidade monetaria, o escudo, moeda de ouro. Con todo, as moedas que máis se van cuñar en Galicia van ser as de cobre, o marabedÃ.
En 1848 Isabel II estableceu por vez primeira en España o primeiro sistema monetario de carácter decimal, baseado no real de bellón dividido en 100 céntimos, en Galicia emitÃronse en Xubia e A Coruña. Coa introdución da peseta en 1868 desaparecu a cuñación de moeda en Galicia e a partir de entón a historia da moeda en Galicia é indistinguible da de España