Italo Calvino
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Italo Calvino (nado o 15 de outubro de 1923 en Santiago de las Vegas, Cuba, falecido o 19 de setembro de 1985 en Siena, Italia) foi un escritor italiano. O seu traballo máis coñecido está composto pola triloxía I nostri antenatti (Os nosos devanceiros) 1952-1959, a colección de relatos curtos Cosmicomics de 1965 e as novelas Cidades invisibles de 1972 e Se nunha noite de inverno un viaxeiro de 1979. De estilo dificil de clasificar, as suas obras as veces fan lembrar os contos de fadas (Cosmicomiche), e outras veces son máis realistas ("Amores dificis"). Algunhas das súas novelas foron clasificadas como posmodernas,outras como exemplos do realismo máxico e outras como realistas.
[editar] Biografía
Italo Calvino foi fillo dos botánicos Mario Calvino, de orixe ligur, e Evelina Mameli, de Sardeña, e irmán de Floriano Calvino, famoso xeólogo. Os pais eran membros da igrexa Waldense, de credo protestante. Nado en Cuba a familia volveu en 1925 a Italia, onde Calvino ía pasar case toda a súa vida. Viviu en San Remo, na Riviera italiana. Calvino recibiu unha educación laica e antifascista. Aínda así, ingresou nos Avangardistas, unha formación xuvenil fascista á que a pertenza era case obrigatoria, cos que tomou parte na ocupación italiana da Riviera francesa. En 1941 marchou a Turín unha cidade que escolleu, despois de moitas dúbidas, no canto de Milán, e que describiu como "seria, pero triste". Tivo que interrompe-los estudios de agronomía por causa da guerra. En 1943 foi chamado a filas pola República de Salo, pero fuxiu e uniuse os partisanos da resistencia italiana, na Brigada Garibaldi, co alcume de Santiago. En 1945 entrou no Partido comunista Italiano. De novo en Turín, onde colaborou nalgúns xornais, empezou os estudios de letras, que acabou con éxito presentando un estudio sobre Joseph Conrad. En 1947 despois de graduarse, comezou a traballar para o xornal do Partido Comunista L'Unità. A curta relación coa editorial Einaudi permitiulle coñecer a Norberto Bobbio, Natalia Ginzburg, Cesare Pavese e Elio Vittorini. Con Vittorini escribiu para o semanario cultural Il Politecnico. Abandonou Enaudi para traballar en exclusiva en L'Unità e revista comunista Rinascita. En 1947, publicou a súa primeira novela, O carreiro dos niños de araña que evocaba a súa época de partisano, e que tivo certo éxito. En 1949 saiu do prelo O corvo ven o último. estas dúas obras, dentro dunha atmosfera neorrealista, teñen un estilo, sobre todo a primeira, que as achega á fábula.
Volveu a traballar para a editorial Einaudi desde 1950, como responsable literario. Ó ano seguinte visitou a Unión Soviética. As reportaxes e as cartas que escribiu durante a visita foron recollidas anos máis tarde en libro recibiron algúns premios literarios. En 1952 Calvino escribiu con Giorgio Bassani para Botteghe Oscure, unha revista que sacou o seu nome das oficinas principais do Partido comunista e traballou para Il Contemporaneo, un semanario marxista..Ese ano, seguindo os consellos do seu editor, deixou o estilo neorrealista e seguiu a súa tendencia polo conto fantástico. Escribiu O vizconde partido pola metade que co O barón rampante e O cabaleiro inexistente formaron a célebre triloxía Os nosos devanceiros, visión alegórica da vida humana moderna. Entre 1950 e 1956 comezou a recopilación e a traducción dos Contos populares italianos, a partir de contos do folklore do século XIX.
En 1953 deixou de socato o Partido comunista, do que se afastou aínda máis despois da invasión de Hungría polas tropas soviéticas. Comezou a publicar artigos nas revistas Passato e Presente e Italia Domani. Foi editor con Vittorini de Il Menabò di letteratura.
Malia as restriccións impostas os estranxeiros de ideoloxía comunista, visitou, invitado pola Ford Foundation, os Estados Unidos onde estivo seis meses, catro deles en Nova Iork . Alí coñeceu a Esther Judith Singer coa que casou en 1964 n'A Havana, nunha viaxe na que se entrevistou con Ernesto "Che" Guevara.. O ano seguinte tivo unha filla. De volta en Italia comezou a publicar os Cosmicomiche na revista literaria Il caffè.
A morte de Vittorini's o ano 1966 causou en Calvino o que foi definido coma "depresión intelectual" , que o escritor consideraba unha época fundamental da súa vida.: "...Acabei de ser novo. Se cadra é un proceso metabólico, algo que pasa coa idade. Fun novo moito tempo, tempo de máis, se cadra, de repente sentín que comezaba a miña vellez., si, a vellez, se cadra coa esperanza de facela durar empezandoa cedo". Enton empezou a frecuentar París onde o alcumaron O ironico divertido, e onde se uniu a grupos culturais como Oulipo, acrónimo de Ouvroir de littérature potentielle (taller de literatura potencial) e coñeceu a Roland Barthes e Claude Lévi-Strauss, dentro da atmosfera que deu lugar ó maio de 1968. Nesta época foi atraído pola obra de Raymond Queneau, que influíu nos seus traballos posteriores.
Os seus contactos co mundo acadénico reforzáronse con experiencias na Sorbona e na universidade de Urbino. Interesouse polos estudios clásicos e, a un tempo, escribiu relatos prara a edición italiana da revista erótica Play-Boy. Comezou a traballar para o xornal Corriere della Sera.
En 1975 foi feito membro honorario da American Academy, o ano seguinte gañou o Premio austriaco de literatura europea. Visitou o Xapón e México. En 1981 recibiu a Lexión de Honor francesa.
O 6 de setembro de 1985 ingresou no hospital de Santa Maria della Scala en Siena, onde morreu a noite do 18 ó 19 dunha hemorraxia cerebral. Estaba a preparar para universidade de Harvard as Leccións americanas, que apareceron postumamente.
[editar] Bibliografía
- Il sentiero dei nidi di ragno, ( O carreiro dos niños de araña) 1947.
- Ultimo viene il corvo 1949.
- I giovani del Po (Os rapaces do Po) 1951.
- Il Visconte dimezzato ( O vizconde partido pola metade), 1951.
- La formica Argentina, (A formiga arxentina) 1952.
- L'entrata in guerra (A entrada en guerra), 1954.
- Fiabe Italiane (Contos italianos), 1956, revisión de contos tradicionais italianos.
- La panchina (1956, libreto para a opera de Sergio Liberovici.
- La nuvola di smog ( A nube de smog), 1958.
- I racconti (Os relatos), 1958.
- 'Il barone rampante (O barón rampante) , 1957.
- Il cavaliere inesistente (O cabaleiro inexistente) , 1959.
- I nostri antenati, (os nosos devanceiros) 1959, reune Il cavaliere inesistente, Il Visconte dimezzato e Il barone rampante
- Marcovaldo (1963).
- La giornata di uno scrutatore ( A xornada dun espreitador) , 1963.
- La speculazione edilizia 1963.
- Cosmicomiche, 1965.
- Ti con zero (T con zero), 1967.
- Gli amori difficili (Os amores dificis), 1970, relatos das decadas dos 40 e 50.
- Le città invisibili (A cidade invisible) , 1972.
- Il castello dei destini incrociati (O castelo dos destinos cruzados, 1973.
- Il nome, il naso (O nome, o nariz) 1973.
- Autobiografia di uno spettatore (Autobiografía dun espectador) 1974.
- La corsa delle giraffe (A carreira das xirafas) 1975.
- Se una notte d'inverno un viaggiatore ( Se unha noite de inverno un viaxeiro) , 1979.
- La vera storia 1982, libreto para a opera de Luciano Berio)
- Palomar 1983.
- Racconti Fantastici Dell'Ottocento (Contos fantástcos do Oitocentos), 1983.
- Science et métaphore chez Galileo Galilei (Ciencia e metáfora en Galileo Galilei) 1983, lecturas na Ecole des Hautes Etudes de la Sorbonne.
- Collezione di sabbia 1984, ensaios,
Obras póstumas
- Sotto il sole giaguaro (Baixo o sol do xaguar), 1988, contos.
- Lezioni americane (Leccións americanas) , 1988, lecturas.
- La strada di San Giovanni (A estrada de San Giovanni), 1990, narracións autobiograficas.
- Perché Leggere i Classici (Por qué ler os clasicos?, 1991, ensaios.