John Ford
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
John Ford (Cape-Elizabeth, Maine, 1 de febreiro de 1895-Palm Desert, California. 30 de agosto de 1973), de nome real John Feeney, foi un cineasta norteamericano de orixe irlandesa.
Pénsase que foi inscribido xa nos Estados Unidos da América ao emigrar de cativo coa sua familia. Era o menor de 13 irmáns e gostaba de chamarse Sean Aloysius O'Fearna,
Durante a época do cinema mudo fixo máis de 60 películas, destacando O cabalo de ferro (The Iron Horse, 1924) e Tres homes malos (Three Bad Men, 1926).
A súa carreira cinematográfica consta de máis de 150 películas, destacando entre todas elas O home tranquilo (The Quiet Man, 1952), resumo existencialista da súa vida.
No referendo organizado pola Filmoteca Real de Bruxelas, no que participaron máis de 200 especialistas co gallo de elexir os representantes mais importantes do cinema norteamericano, quedou en primeiro lugar por diante de David Griffith, Charles Chaplin e Orson Welles.
Ten 4 óscars da academia como mellor director.