Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Web Analytics
Cookie Policy Terms and Conditions Junkers Ju 88 - Wikipedia

Junkers Ju 88

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Artigo nos seus primeiros pasos: Este artigo relacionado coa Aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa aviación que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuir.
Junkers Ju 88
Ju 88 en terra
Tipo Bombardeiro
Fabricante Junkers
Primeiro vóo 21 de decembro de 1936
Introducido 1939
Retirado 1945
Usuario Luftwaffe
Construídos uns 15.000


O Junkers Ju 88 foi un bombardeiro medio alemán usado durante a Segunda Guerra Mundial. Empregado en diversidade de funcións, o Ju 88 entrou en servizo na Luftwaffe no ano 1939 e estivo en activo ata o final da guerra. Utilizado tanto como bombardeiro en picado, en horizontal, caza nocturno, ataque a terra ou recoñecemento estivo moi presente nas batallas de Inglaterra, dos Balcáns, do Mediterráneo e da fronte do leste. Foi o avión máis versatil da guerra.

Índice

[editar] Historia

[editar] Deseño

O Ju 88 foi deseñado en 1936 para cumplir unha especificación da Luftwaffe para un Schnellbomber (bombardeiro rápido). O novo modelo debería ser capaz de manter unha velocidade de 500 km/h durante 30 minutos, poder levar unha carga de bombas de 800 kg e ter a capacidade de operar dende pistas pequenas. Junkers gañou o contrato vencendo aos modelos presentados por Henschel e Messerchmitt.

Os traballos do Ju 88 comezaron en xaneiro de 1936. Dous anos antes Junkers abandoara a súa tradicional forma de construción con revestimento corrugado (usado no famoso Junkers Ju 52), e, debido á súa falta de experiencia coas novas técnicas de revestimento reforzado, contratou a dous enxeñeiros estructurais alemáns formados nos Estados Unidos. O resultado foi un bombardeiro cunha das mellores estruturas da Segunda Guerra Mundial, despois de correxidas as deficiencias iniciais.

O deseño básico consistía nunha estilizada fuselaxe, cunha tripulación de tres homes na proa, dous motores DB600A en góndolas baixo as ás de implantación media e dúas pequenas bodegas de bombas na sección central da fuselaxe. Iniciáronse dous deseños paralelos, o Ju 88 convencional e o Ju 85 con dúas derivas, pero este foi rexeitado e continuouse cos traballos do Ju 88. O prototipo V1, con matrícula civil D-AQEN, voou por vez primeira o 21 de decembro de 1936. Construíronse varios prototipos ata chegar ao V6, que sería o prototipo da Serie A. A proa alongouse cunha góndola ventral para o cuarto tripulante que manexaba ametralladoras MG15 de tiro frontal e os aterrizadores principais foron substituídos por patas sinxelas amortiguadas que se retarían cara atrás hidraulicamente (os orixinais tiñan un sistema eléctrico). Engadíronsella tamén catro soportes externos para bombas que aumentaban a súa carga bélica. Iniciouse así a súa produción en serie.

[editar] Entrada en servizo

A mediados de 1941 comezou a chegar ás unidades de combate o definitivo Ju 88 A-4. Este foi un avión moi popular, moi agradable de pilotar e moi polivalente. Sen embargo as unidades de Ju 88 sufriron unha gran cantidade de baixas debido a que o seu armamento defensivo non era o axeitado. Foron instalados diversos esquemas de armamento que xiraban en torno a sete ametralladoras MG 81 ou tres MG 81 e dous canóns MG 131 de 13 mm.

A pesares de ter a mesma célula do A-4, as versións A-13, A-14, A-15 e A-17 tiveron distintos tipos de armamento. O A-13 era unha versión especializada en ataques a baixa cota e levaba normalmente 16 ametralladoras MG 17 de tiro frontal, 500 Kg de bombas de fragmentación e blindaxe extra. O A-14 era un avión antibuque, con cortadores de cables de globos cautivos, un canón de 20 mm en lugar do visor de puntería e blindaxe extra. O A-15 tiña unha ampla bodega, capaz de levar 3.000 Kg de bombas, non levaba góndola ventral e só levaba tres tripulantes. O A-17 levaba dous torpedos LT F5b.

As series B e E foron a base do Ju 188 cun nvo compartimento para a tripulación, e as C, R e G foron todos inicialmente cazas nocturnos.

[editar] Ju 88 de recoñecemento

A pesares das novas series, a produción seguíu centrándose nas subvariantes do Ju 88A-4, como a seguinte en aparecer, o Ju 88D de recoñecemento. A versión principal da serie foi a D-1 que tiña a bodega reformada para poder levar cámaras. A partires da célula do A-5 desenvolveuse a seguinte variante da serie en febreiro de 1940, o D-2 con motores 211G.

A seguinte variante de recoñecemento sería a serie H, e máis tarde aparecería a serie P. A Luftwaffe non posuía un avión específico para este tipo de misións a longas distancias, agás os pouco axeitados Fw 200, He 177 e Ju 290, polo que se decidiu reformar o Ju 88D dándolle unha fuselaxe máis alongada que lle permitía levar máis cantidade de combustible e aumentar así o seu alcance.

Construiríanse 10 Ju 88H-1 e 10 Ju 88H-2 na factoría de Mesenburg en 1943. As versións H usaban as ás reforzadas do caza nocturno Ju 88G con motores radiais BMW 801D-2. A fuselaxe foi alongada 3,7 metros para aumentar a capacidade de combustible, pasando dos 2.600 aos 6.470 litros, levando outros 1.660 litros en dous tanques auxiliares. Este aumento de combustible dáballe un alcance de 3.200 millas.

O H-1 equipaba tres cámaras na parte de atras da fuselaxe e un rádar FuG200 Hohentwiel na proa, usado para rastrexar os barcos aliados no Atlántico. O H-2 era un caza de longa distancia deseñado para destrur os cazas de escolta das formacións de bombardeiros aliadas e como escolta dos H-1. Levaba dous canóns MG 151 de 20 mm na proa e outros catro instalados nun contenedor debaixo da fuselaxe.

Eses 20 exemplares da serie H non entrarían en combate e foron adaptados como bombas voantes Mistel.

[editar] Contracarro

En 1942, debido ao aumento do poder acourazado soviético, o Alto Estado Maior alemán precisaba un avión que o contrarrestase. Considerouse que o Ju 88 podería realizar lobores contracarro e no mes de agosto instalouse un canón KwK 39 de 70 mm nun Ju 88A-4. O canón, con só dous disparos, apuntaba lixeiramente cara abaixo e foi instalado nunha enorme góndola que tiña unha ametralladora na parte traseira.

A este A-4 experimental seguiríalle a Serie P. O Ju 88P-1 tiña un canón mellorado Pak 40 de 75 mm; o P-2 e o P-3 (con blindaxe extra) levaban instalados dous canóns Flak 38 de 37 mm; e o P-4 equipaba un BK 5 de 50 mm. A Serie P non foi todo o satisfactoria que se agardaba e foron moi vulnerables aos cazas. Moitos dos avións desta serie usaríanse contra as formacións de bombardeiros estadounidenses e como cazas nocturnos.

[editar] Bombardeiro diurno de grande velocidade

En 1943 a produción estábase cambiando cara os cazas nocturnos, pero o Ju 88 comezou a evidenciar a súa falta de velocidade con respecto aos novos modelos aliados. Junkers taballaba entón nos seus Ju 188, Ju 288 e Ju 388, pero a Luftwaffe precisaba urxentemente un avión máis rápido. A solución foi instalar un motor máis potente e reducir a resistencia eliminando a góndola e o cuarto tripulante. O prototipo Ju 88 V93 foi o resultado destes cambios, voando por primeira vez a principios de 1943 e dando paso á Serie S.

O principal cambio na nova serie fai a instalación do motor BMW 801D, pero tamén dispoñía dunha proa máis aerodinámica, elimináronse os freos de picado das góndolas, os soportes subalares e parte da blindaxe. Con eses cambios o Ju 88S podía alcanzar os 536 km/h.

A primeira variante desta serie, o S-1, comezou a fabricarse a finais de 1943 con motores BMW 801G-2 e o sistema GM1 de inxeción de óxido nitroso para aumentar a potencia a grande altitude, chegando a alcanzar os 610 km/h. O seu armamento defensivo era de un só canón MG 131.

En 1944 construíronse só uns poucos S-2, que estaban equipados con motores radiais BMW 801TJ turboalimentados e o cntenedor externo para bombas que levaba o A-15, e que podía cargar ata 3.000 kg. Defensivamente estaba provisto de dúas ametralladoras MG 81 fixas na proa. No verán construiríanse aínda menos S-3, sen o contenedor de bombas, con motores Jumo 213A refrixerados por líquido e co sistema GM1 de inxeción de óxido nitroso.

Baseado na célula do Ju 88S-1 construiríase en 1944 o T-1, un modelo de recoñecemento rápido con máis combustible e equipado con cámaras na parte traseira da fuselaxe. Construíronse tamén prototipos do que se debería converter no T-3 a partir da célula e os motores do S-3.

A produción de Junkers Ju 88 remataría en setembro de 1944 coa fabricación de 9.125 avións de bombardeo e 1.911 de recoñecemento en total.

[editar] Versións

[editar] Prototipos

  • Ju 88 V1: o primeiro prototipo. Voou o 21 de decembro de 1936 e estaba equipado con motores DB600A.
  • Ju 88 V2: semellante ao V1.
  • Ju 88 V3: tiña un motor Jumo 211A, máis potente que o DB600A. Elevouse o teito da cabina e instalouse unha mira de bombardeo nunha burbulla de cristal baixo a proa.
  • Ju 88 V4: tiña unha nova proa acristalada e unha cúpula ventral cunha ametralladora que disparaba cara popa.
  • Ju 88 V5: semellante ao V4 pero con motores Jumo 211B-1 e modificado para batir récords de velocidade.
  • Ju 88 V6: foi o prototipo para a produción da Serie A, con motores de serie e tren de aterraxe modificado.
  • Ju 88 V7: era un bombardeiro de preserie da Serie A usado como prototipo de caza.
Ju 88 A-4 finés
Ju 88 A-4 finés

[editar] Serie A

  • Ju 88 A-0: semellante ao V6, con freos de picado e soportes subalares.
  • Ju 88 A-1: tiña hélices tripalas.
  • Ju 88 A-2: foi o modelo de serie básico. Tiña motores Jumo 211 G1-1 e botellas RATOG subalares.
  • Ju 88 A-3: versión de dous mandos do A-1.
  • Ju 88 A-4: foi a primeira reforma importante. Contaba con motores máis potentes, tren reformado, aleróns metálicos e máis envergadura.
  • Ju 88 A-5: introdúxose debido aos problemas de desenvolvimento do motor Jumo 211J. Era basicamente un A-2 coa envergadura do A-4.
  • Ju 88 A-6: creouse para interceptar as barreiras de globos británicas. Posuía cortadores de cables de globos cautivos (usados como barreira para ataques a baixa cota) pero demostrou ser lento e pouco efectivo. A algúns exemplares se lle quitaron os cortadores e foron usados como avións antibuque equipados co rádar Fu G200 na proba, sendo denominados Ju 88 A-6/U.
  • Ju 88 A-7: versión de dous mandos do A-5.
  • Ju 88 A-8: un A-4 con cortadores de cables de globos cautivos.
  • Ju 88 A-9/10/11: versións tropicalizadas dos A-1/A-2, A-5 e A-4 respectivamente.
  • Ju 88 A-12: adestrador de dobre mandocon cúpula ventral, freos de picado e novo armamento.
  • Ju 88 A-13: tiña blindaxe extra e 16 ametralladoras de tiro cara adiante para asalto a baixa cota.
  • Ju 88 A-14: semellante ao A-8 pero cun canón de 20 mm na proa para misións antibuque.
  • Ju 88 A-15: tiña unha bodega agrandada onde podía levar ata 3.000 Kg de bombas.
  • Ju 88 A-16: un A-14 adestrador (ao estilo do A-12).
  • Ju 88 A-17: versión torpedeiro.

[editar] Serie B e E

Foron a base do Junkers Ju 188, cun novo compartimento para a tripulación.

  • Ju 88 B-0: tiña unha enorme proa acristalada de baixa resistencia ao aire.

[editar] Series C e G

Foron versións de caza

  • Ju 88 C-1: primeira versión de caza destructor. Tiña motores BMW 801MA e dous canón e dúas ametralladoras de tiro frontal.
  • Ju 88 C-2: primeiro Zerstörer (caza destructor) de serie convertido a partires do A-1.
  • Ju 88 C-4: baseado na célula do A-4 con maior envergadura e armamento instalado nunha proa sólida, dous canóns maís na góndola ventral e soportes subalares.
  • Ju 88 C-5: estaba equipado con motores BMW 801D-2 e unha burbulla baixo a bodega de bombas con duas ametralladoras e un canón de 20 mm e 3 ametralladoras máis na proa.
  • Ju 88 C-6b: tiña blindaxe extra e un radar FuG202 ou 212.

[editar] Serie D

Versión de recoñecemento

  • Ju 88 D-1: baseada no A-4. Foi a versión principal da serie. Tiña unha bodega reformada para levar unha cámara Rb 20/30 e/ou unha 50/30. Elimináronselle os freos de picado e a capacidade de levar tanques lanzables de 300 litros baixo as ás.
  • Ju 88 D-2: baseada no A-5 e construída en febreiro de 1940 con motores Jumo 211G.

[editar] Serie H

A Serie H foi deseñada como avión de recoñecemento para distancias extremadamente longas e tiña unha fuselaxe alongada con maior capacidade de combustible.

  • Ju 88 H-1: equipado con cámaras e co radar FuG 200 para o recoñecemento marítimo.

[editar] Serie P

Desenvolveuse para contrarrestar a crecente ameaza dos carros de combate soviéticos. As catro versións da Serie P operaron en primeira liña na fronte oriental.

  • Ju 88 P-1: era un A-4 dotado dun canón de 75 mm.
  • Ju 88 P-2: tiña unha parella de canóns de 37 mm. Tamén foi usado como interceptador diurno.
  • Ju 88 P-3: un P-2 con blindaxe extra.
  • Ju 88 P-4: tiña un único canón de 50 mm nunha pequena burbulla ventral.

[editar] Serie R

Versión de caza

  • Ju 88 R-1: semellante ao C-6b pero con motores radiais BMW 801.

[editar] Serie S

A Serie S desenvolveuse como bombardeiro diurno de grande velocidade e eincorporaba proa aerodinámica e motores BMW 801.

  • Ju 88 S-1: con motores BMW 801G-2 e sistema GM1 de inxección de óxido nitroso para aumentar a súa potencia.
  • Ju 88 S-2: con turbocompresores e unha bodega de bombas carenada.
  • Ju 88 S-3: impulsado por motores Jumo 213A e incorporaba o sistema de inxección de óxido nitroso.
Static Wikipedia 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu