Lapis
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un lapis é un instrumento de man utilizado para escribir ou debuxar, usualmente sobre papel.
Consta dunha variña de grafito (excepto para lápices de cor) e arxila, a cal é normalmente recuberta cunha capa de madeira. Os lapis poden ter tamén unha goma de borrar nun dos seus extremos, xa que a diferenza da pluma estilográfica ou o bolígrafo, o trazo do lapis pode ser borrado con facilidade.
A dureza da mina, e polo tanto a capacidade de escribir un trazo máis escuro, mídese coas siglas H e B, o B é mais brando, normalmente en debuxo artístico úsanse a B1, B2..., e o lapis común ten de siglas HB. Ademais, a dureza está en relación ás cantidades de grafito e arxila na mestura.
Índice |
[editar] Historia e evolución
Antes da aparición do lapis, o ser humano inventara a pluma como instrumento de escritura ou debuxo, a cal require de tinta. Ademais, a tinta adoita ser indeleble, co conseguinte prexuízo en caso de erro. Neste sentido, os lapis son máis prácticos e permiten borrar o trazo.
A mina actual do lapis, composta por grafito e arxila, foi un invento de guerra xa que antes usábanse minas de grafito puro, xurdiu esta mestura grazas á escaseza de grafito necesario por Napoleón e as súas tropas.
Cando non é necesario que a escritura sexa indeleble o seu inconvinte redúcese a que a mina, tamén denominada grafo, vaise esgotando, polo que é necesario ir sacándolle punta coa axuda dun sacapuntas.
Existen tamén os chamados lapis mecánicos ou portaminas, instrumentos capaces de conter no seu interior minas de pequeno diámetro (usualmente 0,3 mm, 0,5 mm e 0,7 mm) que se deslizan cara ó exterior segundo se vai necesitando.
[editar] Escala de dureza
- 9H 8H 7H 6H 5H 4H 3H 2H H F HB B 2B 3B 4B 5B 6B 7B 8B 9B
[editar] Véxase tamén
- Goma de borrar
- Bolígrafo
- Pluma estilográfica
[editar] Enlaces
- http://www.lapiz-0.com (en castelán)